Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Lorena Luaces

Lorena Luaces no Campionato do Mundo Univesrsitario

Deportes 19/06/2009
  Envía a túa opinión

A atleta Lorena Luaces, campioa galega de Marcha en Ruta, vén de ser seleccionada para estar presente no vindeiro Campionato do Mundo Universitario que se celebrará en Belgrado do 7 ao 12 de xullo. A ourensá tomará parte na proba dos 20 quilómetros marcha xunto coa andaluza Ainhoa Pinedo.


C.B. Obradoiro

O Obradoiro pensa xa en fichaxes e cambios na directiva de cara a ACB

Deportes 19/06/2009
  Envía a túa opinión

Despois de 20 anos de loitas legais, administrativas e económicas, o Obradoiro está a piques de regresar á máxima categoría do baloncesto estatal, á ACB. Quedan pequenas cuestións que ultimar e o seu presidente, José Ángel Docobo, pensa xa na nova tempada na que terán que incorporarse novos xogadores, así como un adestrador e director deportivo. De feito, os responsables do club xa mantiveron diversos contactos de cara posibles novas fichaxes.


Liga Galega de Traíñas en 2008

O Chapela colócase como líder na primeira proba da Liga Galega de Traíñas

Deportes 17/06/2009
  Envía a túa opinión

A Liga Galega de Traíñas deu comezo esta fin de semana, impoñéndose o Club de Remo Chapela ao Cabo de Cruz por unha diferenza de cinco segundos, por mor dunha espectacular remontada no tramo final. Esteiro foi o escenario elixido para inauguración dunha competición que constará de 16 regatas e rematará o 30 de agosto cunha proba que se celebrará en Vigo. Esta edición da liga conta coa participación de 14 clubs e cada competición dispútase en tres quendas sobre o mesmo percorrido, elaborándose despois a clasificación xeral en base aos tempos acadados. A primeira quenda foi a máis rápida, e iso permitiu que Cabo de Cruz rematara segundo na clasificación xeral. O C.R. Mecos impúxose na segunda quenda, rematando terceiro da xeral a só sete segundos de Chapela. Na terceira carreira impúxose a embarcación do Club Náutico de Vigo colocándose cuarto na clasificación xeral a 15 segundos dos líderes.


Gustavo Nieves

Gustavo Nieves pensa xa no mundial e en Londres 2012 despois de pulverizar o récord europeo en 10.000 metros

Deportes 16/06/2009
  Envía a túa opinión

O corredor galego Gustavo Nieves vén de proclamarse campión de Europa en 5.000 e 10.000 metros durante o Open de Atletismo para Cegos e Deficientes Visuais celebrado en Rodas, Grecia. O atleta do Sociedade Ximnástica de Pontevedra conseguiu ademais a prata en 1.500 e bateu o récord de Europa en 10.000 cunha marca de 31.33.17.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros