Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O evento desenvolverase ata o domingo en Silleda

A Semana Verde abre as súas portas reconvertida nunha feira para todos os públicos

Sociedade 11/06/2009
  Envía a túa opinión

O gran escaparate do mundo rural abriu as súas portas. Preto de 800 firmas expositoras cita na Semana Verde, que se celebrará ata o domingo en Silleda. Esta trixésimo segunda edición eríxese como un punto de inflexión na traxectoria do certame, xa que se presenta redefinido nunha gran feira multisectorial aberta ao público en xeral.


A mobilización está prevista en distintas comarcas do país

O Sindicato Labrego Galego convoca unha tractorada para o vindeiro mércores

Sociedade 10/06/2009
  Envía a túa opinión

Os tractores sairán á rúa o vindeiro mércores. Trátase dunha convocatoria do Sindicato Labrego Galego co obxectivo de esixir que o litro de leite teña un prezo mínimo que cubra os custes de produción. A secretaria xeral da organización, Carme Freire, anunciouno trala celebración dunha nova nova convocatoria da Mesa do Leite. O programa Onda Rural recolleu estas palabras, pero tamén as valoracións do resto de participantes nesa xuntanza.


A empresa elabora iogures cremosos con froitas

Casa Grande de Xanceda, medio século apostando polo ecolóxico

Sociedade 09/06/2009
  Envía a túa opinión

A segunda explotación produtora de leite ecolóxico do Estado e unha das pioneiras na fabricación de iogures cremosos 100% naturais atópase no concello coruñés de Mesía. Trátase da Casa Grande de Xanceda, unha granxa que une tradición e produción ecolóxica, tal e como se puxo de manifesto no programa Onda Rural.


A feira sectorial “Vinis Terrae” celébrase en Expourense

Os adegueiros galegos presentan a súa produción ante compradores internacionais en “Vinis Terrae”

Sociedade 08/06/2009
  Envía a túa opinión

Case 80 adegas, amparadas polas cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas e polas denominacións xeográficas dos augardentes e licores tradicionais, presentan a súa produción ante importadores de 20 países, así como profesionais da distribución e a hostalaría. Fano durante dous días en Expourense na Feira Vinis Terrae, un evento que centrou a atención do programa Onda Rural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros