Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Proxecto presentado

A iniciativa de Podemos-EU de Fene para Fondomar

Sociedade 26/05/2016
 17 comentario/s - Envía a túa opinión

Podemos e Esquerda Unida presentaron conxuntamente no concello de Fene unha nova iniciativa para a recuperación da ribeira de Barallobre. Asinada polo portavoz de Podemos, Víctor Piñeiro, e polo Secretario de Organización de EU de Fene, Eloy Gárate, presentaranna tamén na concentración do colectivo veciñal mañá dia 27 na zona do peirao de Barallobre. A iniciativa dos dous grupos contempla o derribo da antiga nave de Fondomar, porque consideran que o seu estado é ruinoso, si ben propón que os técnicos municipais  valoren antes a solidez do edificio.


Reunión celebrada en Santiago

As rodas da Rubber desaparecerán en tres meses

Sociedade 25/05/2016
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia comprometeuse co alcalde de Fene esta mañá a eliminar o verquedoiro de neumáticos da fábrica Rubber en Santa Ana. A Consellería sacou xa a concurso os traballos da retirada e reciclado das rodas e no prazo de tres ou catro meses, a empresa adxudicataria procederá a este traballo. Fene será o primeiro dos tres concellos galegos onde teñen o mesmo problema. Antes diso, a policía autonómica incrementará a vixianza, sobre todo polas noites, na Rubber, para prever que non se produza ningún incidente e a propia Xunta de Galicia coa colaboración municipal procederán de inmediato a rozar as silveiras que rodean a instalación para intentar reducir o risco de incendio.
Co alcalde de Fene, Juventino Trigo falamos hai uns minutos destes acordos.


As jackets en Navantia Fene

Navantia opta a construir novas torretas para o Reino Unido

Sociedade 23/05/2016
  Envía a túa opinión

Navantia Fene podería construir novas jackets de oitenta metros de altura para a enerxia eólica. Serían vinte metros máis altas que as actuais do parque Wikinger. En toda Europa so hai cinco ou seis estaleiros con capacidade para montar estruturas desas dimensións. Iberdrola adxudicará despois do verán, no mes de setembro, as jackets ás que aspira Navantia. Trátase de 102 torretas de aeroxeneradores para un parque de eólica mariña no Reino Unido. O seu orzamento ascende a 445 millóns de euros.


Navantia Fene

Informativo 20 maio 2016

Sociedade 20/05/2016
  Envía a túa opinión

A dirección de Navantia e o Concello de Fene acordaron suspender as visitas ao estaleiro, programada para este domingo, 22 de maio, en sinal de loito polo falecemento onte dun traballador no estaleiro. Así, as dúas últimas visitas guiadas a Navantia Fene realizaranse o vindeiro domingo 29 de maio. Esta será a última visita ao estaleiro de Fene. A día de hoxe, xa están prácticamente cubertas as prazas para a quenda das 12:30 horas pero aínda quedan prazas libres para a quenda das 10:30.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros