Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Fene: Angeles Durán, Manuel Polo e María Nogareda

Un relato verosimil en Izan o da saca

Sociedade 11/01/2018
  Envía a túa opinión

“Engancha moito a trama, o vocabulario e as expresións utilizadas polo autor” afirma Angeles Durán. Para María Nogareda, “o escritor reflexa moi ben o comportamento mafioso dalgúns cargos políticos, obsesionados pola súa marca de imaxe, polo seu perfil propio”.  “Hai un relato dos tempos da guerra civil, da represión e da presencia dos nazis en Galicia, perfectamente veromisil” segundo Manuel Polo. Foron algunhas opinións verquidas no club de lectura de Radio Fene Radiofusión sobre a novela de Xabier QuirogaIzan o da saca”.


Fene: Henrique Sanfiz, Esther Val, Eduardo Estevez, Diana Castro e Andrés C.M.Riveira

Navegar a carón dunha balea

Sociedade 05/01/2018
  Envía a túa opinión

“Tiven ocasión en 2006 de navegar a carón dunha balea na Patagonia e esa experiencia bestial non se pode esquecer na vida. O cetáceo é un ser mítico, que viaxa, antiquísimo, misterioso, literario e marabilloso” manifesta o Eduardo Estevez, autor de de baleas. “Cando eu pensei en transformar en banda deseñada algúns dos poemas deste libro, non tiven ningunha dúbida de escoller a Tokio, un dos grandes deste mundo en Galicia” afirma o escritor quen tamén rende tributo ao poeta arxentino e xornalista Raúl González Tuñón e ao malogrado Paco Souto. “Paco era o editor de Caldeirón e a idea de facer este libro así foi dos dous” salienta Eduardo.


Fene: Pakolas no club de lectura

Ao ano andar, e aos dous falar

Sociedade 28/12/2017
  Envía a túa opinión

Para a rapazada que cumpre dous anos e cóstalle enguedellar as primeiras frases, os logopedas recomendan o uso da música. O Colexio Profesional de Logopedas de Galicia colaborou con Pakolas, un libro-cd para que a música nos axude a medrar en todos os sentidos.


Vanesa Santiago co club de lectura de Radio Fene Radiofusión

A balea, animal case divino

Cultura 26/12/2017
  Envía a túa opinión

A balea é un animal case divino, xigante, enorme. “Non se pode capturar de xeito doado pero preocúpame que con frecuencia apareza morto nas costas e praias galegas, por iso quixen darlle relevancia na miña obra” afirma Vanesa Santiago, autora de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, libro galardoado co Premio Illa Nova de Narrativa 2017. O volume quere ser un berro de auxilio polo mundo do mar que esmorece.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros