Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

CasaK en Barcelona

Para vestir de conto

Sociedade 04/02/2013
  Envía a túa opinión

Casa K está a participar na feira internacional de moda infantil Little Barcelona, que remata hoxe a súa 3ª edición no novo edificio DHUB da Cidade Condal.


A autora de O Refugallo

Paula Carballeira estrea O Refugallo, premio Manuel María do 2011

Sociedade 16/01/2013
  Envía a túa opinión

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana a estrea de O refugallo, espectáculo teatral para público familiar que as compañías galegas Berrobambán e Bichakadela coproducen a partir do texto homónimo de Paula Carballeira. A obra, galardoada en 2011 co Premio Manuel María de literatura dramática infantil que Cultura e Educación convoca a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), será representada en Santiago o sábado 19 e o domingo 20, ás 18.00 horas, ademais de ofrecer catro funcións escolares a partir de mañá xoves.


Margarida Corral e Natividade López da CIG

A CIG conmemora o 8 de marzo baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”

Sociedade 04/03/2012
  Envía a túa opinión

A secretaria confederal de Muller e Mocidade, Margarida Corral, presentou a campaña da CIG arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que desta volta se conmemora baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”. Corral lamentou que leis como a de violencia de xénero ou a de Igualdade, que supuxeron inicialmente un avance, ficaran no esquecemento ao comezar a aplicarse as medidas de recorte de gasto público, as reforma laborais ou reforma das pensións. A respecto desta última, denunciou que “agravará a feminización da pobreza e dificultará aínda máis que as mulleres poidamos acceder a pensións dignas”. A isto engadiu o impacto que terá a eliminación da retroactividade para as persoas beneficiarias das axudas á dependencia e a “insuficiente” reforma do réxime de empregadas de fogar. Insuficiente, matizou, porque “non supón a aplicación do ET nin a súa inclusión ao 100% no réxime xeral con plenos dereitos, como a prestación por desemprego ou a cotización ao FOGASA”.


Pontón defendeu o Observatorio contra a violencia de xénero

O Parlamento galego reclama a creación do Observatorio contra a violencia de xénero

Institucional 16/10/2011
  Envía a túa opinión

A deputada do BNG, Ana Pontón, defendeu na Comisión de Política Social, celebrada na Cámara galega, unha Proposición non de lei para a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero que a acadou o apoio unánime do resto dos grupos parlamentarios. Pontón condenou  os últimos  asasinatos de mulleres por violencia de xénero, tanto en Galicia como no conxunto  do Estado, e afirmou que estes sucesos evidencian a necesidade de adoptar medidas para a súa erradicación. É responsabilidade dos representantes dos cidadáns, -dixo, “analizar o que están a facer as institucións” contra actitudes  que condicionan a vida das mulleres e o seu dereito a vivir sen violencia de xénero.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros