Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Cadro de Fede Galizia na Pinacoteca di Brera (Milán)

Os Galizia, pintores de sona na Italia do século dezaseis

Sociedade 19/05/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Nunzio Galizia naceu en Trento en 1540. É pintor miniaturista e nos anos 70 trasládase a Milán onde morrerá en 1610. A súa filla Fede Galizia nace en Milán en 1578. Morre nesa mesma cidade en 1630. Fede estableceuse como pintora de retratos e comezou a recibir moitos encargos. Pintou o retablo para o altar de Santa María Magdalena en Milán. Ademáis foi pioneira no xénero dos bodegóns, e alcanzou excelentes resultados. Catalogáronse sesenta e tres traballos de Galizia, dos que corenta e tres son bodegóns.


Mas e Junqueras

ERC e CiU non se presentan conxuntamente ás eleccións europeas

Sociedade 24/01/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Esquerda e CiU non concurrirán xuntas às eleccións europeas do 25 de maio. anunciou o presidente de ERC, Oriol Junqueras, num acto no Ateneo de Torrelles de Llobregat (Baixo Llobregat). 'Non todos os partidos que pactaron a data e a pergunta da consulta aceitavam de formar parte da lista e, para preservar a transversalidade do proceso, unha das suas principais fortalezas, vale mais non deixar ninguén fora', afirmou.


En 2013 Fitur acolleu máis de 200.000 visitantes

Galicia o bon camiño será o lema en Fitur 2014

Sociedade 17/01/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A directora de Turismo, Nava Castro Domínguez presentou hoxe a participación de Galicia nun dos certames turísticos de maior repercusión mundial, no que participarán 167 países  e máis de 120 mil profesionais do sector. O stand de Turismo de Galicia posicionará a marca do Turismo galego ‘Galicia, el buen camino’ e acollerá 25 presentacións sobre produtos e recursos turísticos da comunidade. O recinto feiral Juan Carlos I de Madrid- Ifema acolle a vindeira semana, entre os días 22 e 26 de xaneiro, a edición número 34 da Feira Internacional de Turismo de Madrid, considerada un dos principais puntos de encontro do sector turístico. Fitur é a feira líder no mercado iberoamericano e segundo datos da organización, esta edición contará coa presenza de 167 países e de máis de 120 mil profesionais do sector turístico.


Centro Galego de Arte contemporánea

A cultura atrae aos turistas extranxeiros a Galicia

Sociedade 15/01/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Observatorio da Cultura Galega publica hoxe un informe sobre o turismo cultural en Galicia no que revela que o número de turistas que viñeron a este país atraídos pola súa cultura foron 953.000 en 2012, dos que 491.500 viñeron doutras partes do Estado e 467.800 do estranxeiro. A cultura atraeu ao 52% do total de turistas estranxeiros, en contraposición co turismo interior español, do que só un 12% declarou vir a Galicia por motivos culturais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros