Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

O presidente debuta na moi súa televisión de todos

“Telediario 2: Entrevista a Mariano Rajoy” (La 1, 21:30 h.)

Institucional 10/09/2012
  Envía a túa opinión

“Cando volveu de vacacións, o país seguía aí”. Pobre Monterroso, que deixou escrito o microconto máis coñecido de todos os contos miúdos que no mundo son, para que logo andemos a refacerllo sen gracia máis veces das apropiadas. Pero é que non hai cinismo que impida a sorpresa ao volver conectarse á vida cotiá -esa que só seica uns afortunados podemos cualificar de rutina laboral-, e comprobar que, como o dinosauro, Galicia, España, mesmo Europa, continúan no sitio fitando para nós ominosamente, como requirindo: “E agora, ti dirás”. E un que vai dicir, se pasa unha semana no estranxeiro e cando volve non sabe se na fronteira lle van pedir o pasaporte do Reino de Juan Carlos Borbón e outros chicos do montón (Marichalar, Urdangarín, etc.), ou o carné de afiliado a Goldman Sachs. Hai xa tempo que calquera persoa sensata renunciou a comprender que demo acontece connosco e as nosas circunstancias económicas. Aceptar que os nosos dirixentes viven baixo a síndrome do lemming (ese curriño roedor que se suicida en masa) e nos levan cara os cantís do desastre afórralle a un moita indignación. Vivir miserento, mais tranquilo é o pouco que podemos obter desta época tráxica. E con todo, malia que xa non as aceptemos, un pensa que segue sendo a obriga do presidente dar explicacións. A iso vai hoxe Mariano Rajoy ao Telediario.


Camiño de Santiago, circa 1969

“Callejeros: Cunetas” (Cuatro, 00:30 h.)

Sociedade 29/06/2012
 15 comentario/s - Envía a túa opinión

Hai un dito en inglés que inspirou centos de cancións e de adobíos deses que se penduran no recibidor da casa: “Home is where the heart is”, ou o que vén sendo “O fogar está onde o corazón”, unha perspectiva vital moito menos morriñenta que o clásico galego “Miña casiña, meu lar”, tan revelador de que aquí non somos nómades por gusto, senón por imposición. E porén hai quen goza como cu de mal asento e vive unha vida en tránsito. As persoas que se desprazan con frecuencia subtráense durante ese lapso da maníaca corrente habitual dos demais. Neste cárcere de perpetua localización e dispoñibilidade que nos construímos, só durante os traslados ficamos fóra de alcance.  De feito, se algún día perseguise a o camiño do bodhisattva, da suprema iluminación budista, antes de me retirar ao Nepal para meditar, habería coller un bono do Castromil e pasar as horas percorrendo Galicia dun confín a outro, sen rumbo fixo, inaprensible para os estáticos asuntos do común. Hai sacrificio no perpetuo movemento, pérdense vencellos, pero o fogar levámolo sempre onde está o noso corazón.


Documento Nacional de Identidade 2.0

“La nube: Exhibicionistas” (La 2, 22:45 h.)

Sociedade 28/06/2012
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Máis cedo que tarde habémonos arrepentir. Os nosos herdeiros mirarannos coa estrañeza que hoxe nos produce aos fillos da EXB coñecer a un analfabeto. E despois terán que preguntarnos en que momento pensamos que internet era un espazo virtual estanco, alleo e desprendido do mundo físico e sen consecuencias para a vida que aínda chamamos real, sen nos decatar de que tan verdadeira é a unha como a outra. Cando ese momento chegue maldiciremos o día que abrimos conta en Facebook, cada unha das parvadas que escribimos no Twitter, os comentarios amparados no anonimato dos foros de discusión e as fotos e vídeos privados compartidos en Flickr e Youtube. Porque, pásmense, resulta que eses que asoman nas redes sociais máis procaces do que o son en persoa, os que fan chistes sen gracia, os que comparten filosofía barata, os que non se avergoñan das súas grallas, os que moldean unha personalidade como antano se facía nos anuncios de contactos, pois tamén somos nós. Aínda non o comprendemos: estámonos a exhibir irresponsablemente, pensando que calquera que nos coñeza ben sabe que non somos exactamente como o noso avatar virtual. Pero si, o certo é que somos así: tan pouco interesantes como antes, só que moito máis exhibicionistas. E iso, sen dúbida, fainos peores.


Debaixo dos apartahoteis está a praia

“Comando Actualidad: Mi playa favorita” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 27/06/2012
 16 comentario/s - Envía a túa opinión

Identifico catro escenarios que nos degradan como especie: a guerra; un atasco de tráfico; o inicio das rebaixas; e a praia. Se o vindeiro domingo, cando comeza a etapa de saldos do verán, Galicia resulta bendicida cun día solleiro e a xente se bota aos automóbiles para ateigar centros comerciais e areais, é probable que perda toda esperanza no xénero humano ou ben que me aliste nos Marines. Contemplados dende a distancia, así como nós facemos cos insectos, as persoas aparecémonos como unha praga que arrasa o planeta ao seu paso, histéricos e ben apertados os uns contra os outros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros