Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Na precampaña de ficción non hai veto á propaganda

“Padre Casares” (TVG, 22:15 h.)

Sociedade 28/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

A escena discorre como a secuencia icónica de “Reservoir Dogs”: homes en traxe camiñando en paralelo. Nada me estrañaría menos que Tarantino confesase un día que a poderosa imaxe do seu filme a concibiu durante unha visita a Galicia en período preelectoral. Nestes días previos á veda do corte de fitas, alcaldes ben mantidos e conselleiros ou ministros ou deputados amigos -en función do éxito logrado noutras convocatorias- desfilan en singular parada polas estradas, pavillóns municipais e estacións depuradoras de quenda, non ao son de rock americano dos 50, pero si dalgunha terrible sintonía de partido política desas situadas nalgún punto entre a melodía de demostración do órgano Casio e as bandas sonoras de Vangelis. Gravatas ao vento e botóns da camisa a piques de rebentar tralas enchedelas de confraternización, camiñan coa tesoira nas mans dispostos a inaugurar todo aquilo susceptible de ser estreado a ollos dos veciños. Hai unhas novas eleccións locais á vista e nesa realidade paralela de Galicia que é Louredo, tamén é hora de revisar o censo.


Aliñación poética

“Fútbol: España-República Checa” (TVE, 22 h.)

Deportes 25/03/2011
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Por motivos que non veñen ao caso, levo uns días repasando o tipo de estrofas da poesía e aquelas leccións que se nos aprendían nas clases de literatura da escola e que, cando tentabamos levar á práctica, resultaban en ripios consonantes que lle cantaba á máis cha e absoluta simpleza. Versos de arte maior e menor, tercetos, redondillas, serventesios, quintillas, liras, coplas de pé quebrado, sonetos e outras fórmulas naceron para axudar a facer música coas palabras. Se algún día, dunha maneira que non son capaz de imaxinar, chego a formar parte dalgunha academia da lingua, dedicarei parte dos meus esforzos ao recoñecemento, dentro do canon poético, dun tipo de estrofa contemporánea nunca suficientemente apreciada. Aliñación do Leste, chamareina.


Sobera ou a cella da fortuna

“Atrapa un millón” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 24/03/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Ata que chegou Zapatero con ese deseño imposible entre o acento circunflexo e o arco gótico, non había cella máis famosa no mundo que a de Carlos Sobera, quen a base de ximnasia interpretativa, era capaz de conducir ao fracaso aos concursantes de “¿Quién quiere ser millonario?” tan só impulsando cara os límites da liña recesiva do cabelo unha das súas cellas, deixando a outra no sitio: unha representación canónica do xesto universal da dúbida ou a sospeita. Vendo aquela cella alí pendurada no alto, a piques de propulsarse fóra do rostro do presentador, non había ninguén capaz de manter o seu convencemento orixinal na resposta. Foi desta maneira, e non só pola dificultade das preguntas, como o presentador lle aforrou unha boa morea de cartos á súa cadea de televisión. As veces a vida é así: entre a fortuna que che vai resolver a vida e ti tan só se interpón unha fina barreira de pelo para a que non hai utilidade coñecida agás o engurrado que facemos a xeito de viseira cando se pon a chover, confiados en que estreitando o oco entre a cella esquerda e a dereita seremos quen de repeler a auga fóra do noso corpo.


Éranche tempos...

“59 segundos” (TVE, 00.15 h.)

Sociedade 23/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Poderán enfrontarnos aos argumentos demoscópicos máis elaborados, ás análises máis sisudas e a bibliografías inzadas de teses doutorais sobre a configuración da opinión pública e da axenda dos medios, mais, ao final, do día, se existe un principio capaz de saltar con lixeireza todo o corpo científico da investigación sobre a comunicación, ese é o instinto de supervivencia. Poucas veces o observamos tanta unanimidade nas portadas da prensa mundial, dende a gaceta da parroquia até o New York Times, que nestes días de histeria colectiva nos que adquirimos conciencia da nosa condición de formigas sometidas a un albedrío alleo. A devastación natural e primixenia do planeta sobre os seus habitantes, exemplificada no sismo do Xapón, e a guerra de Libia como demostración tanxible de uns poucos séculos de civilización en nada refinaron os nosos instintos máis salvaxes, viaxaron dacabalo do medo da especie até os titulares a cinco columnas da primeira páxina. Acougada a pulsión sensacionalista da que mesmo as cabeceiras máis respectadas pecaron nestes días, chega o tempo da reflexión, e na televisión iso só pode significar un debate con opinadores.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros