Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Che en formación

“Diarios de motocicleta” (La 2, 22 h.)

Cultura 22/03/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Comandante Che Guevara. O seu debe de ser o único cargo militar que os idealistas poden apertar sen medo a contraer a sarna do militarismo, porén tamén certificou que é difícil facer a revolución sen premer o gatillo, e senón que llo pregunten aos libios que teñen o espazo aéreo excluído, que debe significar algo así como as portas do ceo vedadas ou, o que é o mesmo, o inferno desatado na terra. O Che, deturpada ou non a súa memoria, xera moitas filiacións e algunha que outra fobia, tanto por si mesmo como pola herdanza que legou en Cuba. Non hai tanto tempo que La 2 emitiu un filme de Andy García -canda aos Stefan, un dos motores da Miami Sound Machine de oposición ao castrismo- que pretendía contar as miserias da revolución. Antes de que chegara Oliver Stone a rodar os panexíricos de Fidel, Walter Salles decidiu peneirar a memoria do Ernesto Guevara nos anos mozos nos que se moldea a forma de pensar, cando aínda era lampo e non lle medrara a barba e a boina coa que Korda o habería inmortalizar para as camisetas e as bandeiras Ultras dos Riazor Blues.


Soderbergh ponse clásico

“El buen alemán” (La 2, 22 h.)

Cultura 21/03/2011
 14 comentario/s - Envía a túa opinión

Astenia primaveral, chámanlle. Notas o decaemento, a abulia, unha febleza física e psíquica que se apodera da túa vontade e coa que o estres vai sometendo pouco a pouco a túa enerxía. Se a min me preguntasen, diría que é unha reacción natural á contemplación do primeiro día da primavera, solleiro, radiante, chamando pola expansión e o gozo tras un inverno de temporais, pero estragado e desperdiciado por completo mentres lle das as costas para entrar no traballo porque as sociedades humanas organizan a vida laboral sen ter en conta os principios básicos da natureza. Mesmo os osos coa hibernación, ou as aves migratorias, coas súas viaxes, saben que cómpre programar o esforzo para momentos concretos do ano. O cerebro do homo sapiens, tan intelixente el, condénao a estar sempre dispoñible, expoñéndose á astenia. Só algúns privilexiados como Steven Soderbergh poden parar cando queiran.


O home dos 80

“Cobra, el brazo fuerte de la ley” (TVE, 00:45 h.)

Sociedade 18/03/2011
  Envía a túa opinión

Un filme de culto de Win Wenders? Bah. Un thriller con aire europeo dirixido por Mathieu Kassovitz? Paso. Unha reemisión do Porky's do século XXI, “American Pie”? Tal vez noutra ocasión. Non hai filme que se poida programar esta noite na televisión capaz de superar a irresistible atracción desa bomba de testosterona, macarrismo, cutrerío, violencia e fascismo light que é “Cobra, el brazo armado de la ley”. Cando dentro dun tempo os xubilados aos 90 anos esteamos alimentando no parque do noso retiro pombas robóticas na través dunha aplicación do IPhone 100 e se nos achegue algún raparigo a preguntarnos que demo eran os anos 80, haberá que dicir que eran un  póster de Sylvester Stallone con cara de noxo, vestindo unhas Ray Ban, barba de tres días, unha pistola por dentro do cinto do pantalón nunha pouco disimulada referencia fálica, un arma con mira láser nunha man, luvas negras, polo aberto até a metade de peito e asomando del uns peitorais alimentados con clembuterol e capaces de competir co perímetro torácico de Brigitte Nielsen, un obxecto loiro de dous metros, sublimación da actriz como obxecto de atrezzo propio do cine da acción da época, aquí parteneire e despois parella de quen tamén foi o erre dobre máis mítico de Hollywood: Rocky e Rambo. 


“Viñen falar do meu libro”

“El Intermedio: Iñaki Gabilondo” (La Sexta, 21:30 h.)

Sociedade 17/03/2011
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Falar dun mesmo en terceira persoa é das cousas máis arrepiantes que se poden facer, agás cando estás escribindo unha novela indisimuladamente autobiográfica. Narrarse antes os demais como protagonista dun cantar de xesta convida a aumentar a distancia de separación non sexa que resultemos atropelados por un ego desmesurado. Claro que hai egos que se alimentan de aire, o da maioría dos que pasan pola vida oufanándose, e só uns poucos realmente acredores, xa non de usar o vocativo para eles mesmos, senón mesmo o plural maxestático como se estivesen asomados a un balcón prestos a pronunciar unha bendición papal. Se non fora polas contadas ocasións en que se coloca como unha figura allea a si mesmo, o libro de Iñaki Gabilondo sobre a súa retirada máis recente do oficio dos medios pareceríame magnífico. Mesmo poida que o sexa igualmente. A fin de contas, cando acumulas unha grei millonaria de fieis, o exceso de ego non é pecado, senón unha manifestación irremediable. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros