Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Viñeta de “A historia xamais contada xamais contada”

Mariano Casas reflexiona sobre o proceso de contar historias no seu último cómic

Cultura 03/12/2010
  Envía a túa opinión

“Unha historia sobre o que supón contar historias, sobre como e por que se fan”, así define o historietista galego Mariano Casas a súa nova novela gráfica A historia xamais contada xamais contada. A obra preséntase por primeira vez ás nove desta noite no Jazz Club Dado Dadá de Compostela. Alí, o autor falará do proceso creativo deste libro, amosando as diferentes fases do traballo: bocetos, fotografías, viñetas e finais desbotados. Tamén haberá un coloquio cos asistentes, e sinatura de exemplares da publicación, que chegará ás librarías e ás bibliotecas galegas nos vindeiros días.


O Kiosko Alfonso de A Coruña acolle a presentación da novela gañadora do Blanco Amor

Cultura 02/12/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

A Editorial Galaxia presenta ás oito desta tarde, na sala de conferencias do Kiosko Alfonso de A Coruña a obra gañadora do Premio Blanco Amor 2010. Trátase de O imposible de desatar de Iván García Campos. “Unha novela que ao contar a historia dunha familia na Galicia de hoxe conta tamén a historia de todos nós, dos sentimentos que abrollan nos actos nimios, das relacións nas que as palabras case non son necesarias ou do que é imposible de dicir, do que non se pode desanoar”, segundo apuntan desde a propia editora. Nova literatura galega que fala de nós, da realidade que estamos a vivir e que nos descobre a un novo autor. García Campos estará presente na presentación, acompañado de Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e Camilo Franco, xornalista e escritor.


Pesdelán ensínannos a mover os pés na súa estrea discográfica

Cultura 30/11/2010
  Envía a túa opinión

Na punta do pé, este é o título que Pesdelán elixiu para o seu primeiro traballo, un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo. Comprometidos coa recuperación da cultura lúdica e activa das festas e verbenas, os compoñentes da formación queren que esta obra sexa compartida por público de todas as idades. Igualmente, fan fincapé na potente dimensión educativa deste material, idóneo para o seu aproveitamento nas aulas. No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés, mesmo algún de orixe brasileira, con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe catro versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes.


Nathalie Quintane, a poesía revolucionaria de Francia

Cultura 27/11/2010
  Envía a túa opinión

Cada momento revolucionario en Francia (1789, maio do 68, ...) veu precedido dunha certa eclosión poética. Os versos sempre acompañaron ao rebelde, e agora Nathalie Quintane pode convertirse nun exemplo dunha nova xeración que ilustra a rebeldia fronte a Sarkozy, pero tamén contra os partidos tradicionais e contra os grandes sindicatos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros