Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Gloria Serra non é a raíña do Sur, pero aquí dá o pego

“7 días, 7 noches” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 16/03/2011
  Envía a túa opinión

A contraprogramación televisiva non é só unha manobra empresarial, un ataque a unha canle rival ou un exercicio de ruindade contra o espectador paciente. En determinadas circunstancias, pode supor unha certa forma de arte, un espazo máis no que alguén talentoso ou coas doses xustas de imaxinación pode manifestarse con vontade poética. A arte, agora o sabemos, non se restrinxe a un lenzo ou a unha partitura, pode nacer nun rapto maquiavélico mentres se comparan datos de audiencia e grellas de programación. É entón cando, se ves que pasado o Día da Muller Traballadora na televisión pública emiten unha reportaxe titulada “Armas de Mujer” que conta o acceso feminino a categorías profesionais tradicionalmente vedadas, ti decides abordar o tema da emancipación laboral das mulleres e da súa chegada a cargos de responsabilidade dende outra perspectiva menos frecuente. Ademais, cheo de creatividade, decide executar o seu contraataque con sorna: “Queres ver o que é unha muller con éxito profesional? Pois vouche ofrecer unha noite temática sobre damas que controlan as redes do narcotráfico”. Televisións privadas, como vivir sen elas!


Estirados, pero encantadores

“Downton Abbey” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 15/03/2011
  Envía a túa opinión

Téñenlle a trécola collida e non hai que facerlle. É irresistible. Os británicos (que para iso teñen unha historia da que se oufanan e que mesmo tempo despois do esmorecemento dos grandes imperios lles permite manter unha posición de privilexio mundial -cousa nada sinxela, e senón miren o que pintaba a Coroa de Castela e o que pinta agora-), saben narrar cun encanto tradicional que engaiola a audiencias de calquera recanto, todos os que ante a contemplación dos gentlemen e miladies sentímonos, automaticamente, máis intelixentes. A este fenómeno concreto débeselle, por exemplo, o recente trunfo nos Oscar de “El discurso del Rey” e outros fitos semellantes da industria cultural británica na gusto popular. Si, son capaces de producir a Liam Gallagher e Kate Moss, mais tamén a Hellen Mirren ou Michael Caine. 


Gafapastas of the world, unite and take over

“Gafapastas” (La 2, 20:30 h.)

Sociedade 14/03/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Primeiro foron Buster Keaton e Woody Allen, logo veu Morrisey e agora está Russian Red. Hai unha liña invisible que une aos inadaptados e que foron construíndo paseniño como barreira de resistencia durante décadas até configurar a súa propia fortaleza de inmunidade á crítica allea: agora tamén son unha tribo urbana, a máis recente creación nesa categoría dende que entre os anos 80 e 90 naceran os b-boys e afeccionados ao hip-hop. Mods, rockers, heavys, skaters, surfeiros e demais reinos da adolescencia prolongada, deben convivir coa ameaza dun novo imperio: o gafapastismo. Ben mirado, baixo ese ollar miope camuflado tras lentes de sabichón, grandes e amplas como o cinemascope, enmarcando en pasta negra o rostro e tamén encaixando nelas unha certa estrutura cerebral, está a comunidade filla deste tempo na que se mestura a maior riqueza de coñecementos posible, grazas a internet, co livián e frívolo do consumo rápido e superficial. Primeiro foi “La Hora Chanante” quen os deu a coñecer ao mundo como seres capaces de habitar en sociedade, e agora o seu bautismo definitivo para a televisión chega coa estrea de “Gafapastas”.


Sabadell é o novo San Remo

“Luar: Sergio Dalma” (TVG, 22 h.)

Sociedade 11/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Hai datos que un retén sen saber moi ben o porqué. De seguro que na miña vida aprendéronme cousas de vital importancia para unha formación humanista completa, pero co paso do tempo, os excesos de festa e as carencias de sono facendo efecto, a peneira que realizan as miñas neuronas entre o capital e o conxuntural resulta cada vez máis deficiente. Así, son un desastre completo en xeografía que mira os mapamundis tentando desentrañar o seu interior como quen fica fitando para o debuxo dun labirinto, pero, pola contra, recordo dende sempre que Sergio Dalma se chama, en realidade, Josep Capdevila. Non entendo o motivo de reservarlle un espazo de privilexio a esa información pero aí quedou. Supoño que no seu momento foi unha revelación para min que alguén con apelido tan sofisticado fose en verdade bautizado con nome de payés. Se hai unha gran tradición que comparten todos os xéneros musicais é a do alcume ou nome artístico, cada vez máis necesario cando pasan os anos e hai algúns nomes propios xa escollidos e inutilizables: Francisco, María Jesús (e o seu acordeón), etc. Ao final do día, está claro, teste que chamar Dalma ou Lady Gaga.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros