Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Nathalie Quintane, a poesía revolucionaria de Francia

Cultura 27/11/2010
  Envía a túa opinión

Cada momento revolucionario en Francia (1789, maio do 68, ...) veu precedido dunha certa eclosión poética. Os versos sempre acompañaron ao rebelde, e agora Nathalie Quintane pode convertirse nun exemplo dunha nova xeración que ilustra a rebeldia fronte a Sarkozy, pero tamén contra os partidos tradicionais e contra os grandes sindicatos.


Azure Ray actuarán no Festival Voces Femininas

Azure Ray, Sharon Van Etten e Jesca Hoop homenaxean a Astrud Gilberto no Festival Voces Femininas

Cultura 24/11/2010
  Envía a túa opinión

Ourense e Vigo repártense un ano máis o Festival Voces Femininas. Un evento que vai pola súa terceira edición e que ten por obxectivo dar a coñecer ao público galego importantes artistas, algunhas con gran predicamento nos seus países de orixe e na escena internacional, pero cuxas propostas non son moi coñecidas na nosa terra. Por iso, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Teatro Principal de Ourense acollerá a partir das oito e media de mañá xoves as actuacións do dúo de Alabama Azure Ray; e das solistas, tamén estadounidenses, Sharon Van Etten e Jesca Hoop. Desta volta, e como aconteceu o pasado ano con Françoise Hardy, a brasileira Astrud Gilberto será a homenaxeada. A segunda e última xornada do festival terá lugar o sábado no Teatro Centro Cultural Caixanova de Vigo, tamén a partir das oito e media. As entradas xa están á venda en www.servinova.com e nas billeteiras de ambos teatros ao prezo de 15 euros.


O xerente quere garantir a supervivencia do establecemento facturando só os libros vendidos

A Libraría Michelena reábrese con afán renovador

Cultura 22/11/2010
  Envía a túa opinión

Catro meses despois do seu peche, a librería Michelena volta a abrir as súas portas na rúa da Alameda nº 8 de Pontevedra. O establecemento era, máis que unha libraría, un foco de cultura xa que nas súas orixes se levaba desde alí o cineclub da cidade do Lérez. O pasado xuño, a punto de cumprir 30 anos, a crise económica obrigou ao seu peche e agora rexurde das súas cinzas a 200 metros da súa antiga ubicación.


Arrinca a xira de Azou, unha banda deseñada para adolescentes

Cultura 19/11/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Casa da Cultura de O Grove servirá esta tarde como punto de partida da primeira xira de Azou, o último proxecto musical da discográfica Ouvirmos e a produtora Control Z. Trátase do primeiro grupo galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial co obxectivo de cubrir o baleiro existente en materia de bandas musicais galegas para público adolescente. Os promotores da iniciativa realizaron varios cásting dos que saíron os tres compoñentes da banda, Laura, Amanda e Kevin, que no escenario estarán acompañados de dous bailaríns e de proxeccións audiovisuais mesturadas con animación.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros