Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Magnética volven a Galicia con “Maida Vale”

La Habitación Roja e Magnética xiran esta semana en Galicia

Cultura 17/11/2010
  Envía a túa opinión

O pop indie español soará nas salas galegas desde mañá xoves e ata o sábado cunha banda de referencia dentro do panorama, La Habitación Roja, e con outra que está a resultar toda unha revelación neste 2010, a madrileña Magnética. Estes últimos presentarán o seu álbum debut, Maida Vale mañá no Le Club da Coruña, o venres na Sala Karma de Pontevedra e o sábado na Fábrica de Chocolate de Vigo. Os valencianos comezarán precisamente o seu tour na Karma, o venres tocarán en acústico no Café e Pop Torgal de Ourense e o sábado rematarán a mini-xira galega no Auditorio do Concello de Vigo. No seu caso darán a coñecer os temas do seu sétimo disco, Universal.


A A.C. Alexandre Bóveda adiántase ao 75 cabodano do galeguista no XIV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro

Cultura 16/11/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá este xoves, 18 de novembro, a celebración do XIV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro, organizado pola Asociación Alexandre Bóveda. O evento comezará ás oito e media da tarde con entrada de balde ata completar o aforo. Entre as actuacións previstas, a do propio grupo de teatro do colectivo organizador, que presentará un adianto da adaptación de O xuízo a Alexandre Bóveda de Xoán Carlos Mexuto, peza que o vindeiro ano servirá para celebrar o 75 cabodano do intelectual galeguista.


Os Resentidos, un cóctel de modernidade, expansión cultural, crítica social, humor e surrealismo intelixente

Cultura 14/11/2010
  Envía a túa opinión

Mentres en Madrid soaban Kaka Deluxe, Alaska y Los Pegamoides, Radio Futura ou Nacha Pop, en Vigo rebulían Aerolíneas Federales, Semen Up, Siniestro Total ou Os resentidos. Eran os comezos dos anos 80 e nacía a Movida Viguesa. A banda nace da man de Antón Reixa, o seu líder e un dos personaxes máis polifacéticos da escena cultural do país. O poeta, cantante, director de cine ou columnista, tras estudar Filoloxía Galega en Compostela e ser un dos fundadores de Comunicación Poética Rompente únese a Alberto Torrado, Javier Soto e Rubén Losada para editar en 1984 o seu primeiro EP, Surfin'CCCP, no que inclúen a súas dúas primeiras creacións: “Cando Breznev taba palmando” e a peculiar versión do “Yummy, yummy, yummy” de Ohio Express rebautizada como “Yuri, Yuri, Yuri” en honra do dirixente da Unión Soviética Yuri Vladímirovich Andrópov. A estes dous temas únenselle “Voy a ver a leonidas” e “La pista Búlgara” dos seus compañeiros Siniestro Total.


Yolanda Castaño: “Ponte-Poética reúne aos recitadores de maior nivel do Estado”

Cultura 12/11/2010
  Envía a túa opinión

O Pazo da Deputación de Pontevedra servirá de escenario esta tarde para inauguración do I Festival de Poesía das Linguas do Estado, Ponte-Poética. Un evento que arrincará ás seis e media e no que se darán cita unha decena de poetas estatais: os galegos María Lado, Lucía Aldao, Manuel Forcadela e Román Raña; as castelás, Ada Salas e Elena Medel; os cataláns, David Castillo e Josep Pedrals; e as poetas vascas, Miren Agur Meabe e Leire Bilbao. Todos eles participarán nun completo programa de recitais, abertos e gratuítos a todo o público interesado.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros