Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

España, circa 2011

“El Hormiguero: Santiago Segura y Paquirrín” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 03/03/2011
  Envía a túa opinión

Cando pasen os anos haberá que reflexionar en que lugar da balanza cultural situamos os filmes da saga “Torrente”: se máis preto da filmografía de Pajares e Esteso ou caendo cara o lado das obras de Vallen Inclán. Se atendemos exclusivamente aos méritos cinematográficos, estes non se afastan moito de fitos como “Los Bingueros” que agora, moi axeitadamente, se distribúen co Marca nunha colección de DVD. Mais se nos fixamos nas súas intencións, as aventuras do investigador fascista poden pasar por unha actualización do esperpento. Alí onde outros procuran unha estilización da sociedade española contemporánea, el executa un deformación groseira operada con silicona. A saga que máis billetes despachou na historia do cine autóctono, entrega un novo episodio a vindeira semana que se anuncia en tres dimensións, condición sine qua non, para aquel que queira levar xente ao cine en grandes números. Santiago Segura, pai da criatura, demostra nos avances do filme as posibilidades da nova tecnoloxía disparando fóra da pantalla un gran de pus que Torrente fai estoupar preto do seu bigote: entrega o que promete. 


A Prehistoria como anuncio de Tulipán Negro

“El Taquillazo: 10.000 a.C.” (La Sexta, 22:15 h.)

Cultura 01/03/2011
  Envía a túa opinión

Leo a un catedrático de Prehistoria nun xornal explicar que “as preocupacións dun cromañón eran semellantes ás nosas: saúde, poder ou sexo”. Estáche bo o conto. Decenas de miles de anos de evolución transcorreron para que, en relación cos nosos antergos, tan só fóramos capaces de engadir un concepto máis á lista de motivos polos que se move a nosa existencia: as hipotecas. Poida que dende entón inventáramos o aire acondicionado, as consolas de videoxogos, o gin tonic e a sesta para facer a nosa vida mellor, pero polo demais semella que camiñamos cara atrás e non cara adiante. Antano, na época do librecambismo non tiñamos débedas. Segundo a fórmula de Roland Emmerich, polo que parece tampouco tiñamos pelo. Dez mil anos atrás eramos unha especie de modelos salvaxes, sen ningunha traza homínida e, se da imaxinación dalgún demiurgo procediamos, ese era Karl Lagerfeld deseñando unha liña de lencería en pel de tigre para a pasarela de Milán.


Bugs Bunny é un animal totémico no 2011 chinés

“Conexión Samanta: Año Nuevo Chino” (Cuatro, 00:30 h.)

Sociedade 28/02/2011
  Envía a túa opinión

Como sociedade, sempre me estrañou o pouco contacto que temos coa nosa inmigración. Fronte aos maledicentes, os estranxeiros semellan as persoas merecedoras de maior confianza: pasan o día traballando. Confiamos os nosos maiores á atención de mulleres sudamericanas, confiamos a nosa adquisición de saldos á venda itinerante dos subsaharianos, e mercamos a nosa comida en restaurantes chineses. Fóra do seu oficio, case nunca advertimos a súa presenza. Tanto e así que eu podo lembrar o único día e lugar no que vin a unha familia asiática tomar o sol na praia. Se gozan do seu lecer dalgunha maneira semellante á nosa é algo que descoñecemos pero sobre o que nos encanta fabular. Posuímos as máis delirantes e macabras teorías sobre as ocupacións dos emigrados da nación que rexerá a economía do século XXI se é que a transformación de Novacaixagalicia en banco non o remedia e nos pon a nós ao goberno de Wall Street.


Gayoso vaise poñer de bolo

“Luar: Especial Festa do Cocido de Lalín” (TVG, 22 h.)

Sociedade 25/02/2011
  Envía a túa opinión

Vivimos a resaca dunha xornada de exaltación da fachenda de sermos galegos, coas redes sociais axeonlladas ao único e verdadeiro poder da retranca, esa arma que escorrenta arriba e abaixo pola escaleira a todos os que din que nós sempre ficamos parados no medios. Érache o aniversario do nacemento de Rosalía, pero tivo que ser un galego con sorna buscándolle as voltas a Buenafuente o que prendese a mecha do orgullo matriótico por un día. Que temos cousas que nos distinguen como galegos é un feito: non o é que nos fagan mellores ou peores persoas, pero si máis particulares como comunidade. Continuando coa exaltación da idiosincrasia, temos a moi especial edición do “Luar”. Mentres outras cadeas se dedican a emitir festas de glamour e fermosura, como as galas dos Goya ou dos Oscar, ou os premios da Música e da Televisión, a TVG desprega todo o seu poder para retransmitir unha gala sen parangón coas mencionadas: a da Festa do Cocido de Lalín.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros