Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Yolanda Castaño: “Ponte-Poética reúne aos recitadores de maior nivel do Estado”

Cultura 12/11/2010
  Envía a túa opinión

O Pazo da Deputación de Pontevedra servirá de escenario esta tarde para inauguración do I Festival de Poesía das Linguas do Estado, Ponte-Poética. Un evento que arrincará ás seis e media e no que se darán cita unha decena de poetas estatais: os galegos María Lado, Lucía Aldao, Manuel Forcadela e Román Raña; as castelás, Ada Salas e Elena Medel; os cataláns, David Castillo e Josep Pedrals; e as poetas vascas, Miren Agur Meabe e Leire Bilbao. Todos eles participarán nun completo programa de recitais, abertos e gratuítos a todo o público interesado.


Proyecto Kournikova presentan e regalan en Le Club o seu álbum debut

Cultura 11/11/2010
  Envía a túa opinión

O Premio Mans futuro pop-rock 2010, convocado poa Fundación Paideia, a través dos estudios Mans a comezos deste ano e en colaboración coa Fnac e a plataforma cultural Xpressionk!!! serviunos para coñecer a Proyecto Kournikova. Unha formación coruñesa que recibiu como galardón a gravación dun disco que vén de ver a luz baixo o título Así suena mejor. En total, 11 temas de puro pop-rock que este sábado soarán na Sala Le Club da Coruña. As portas abrirán ás dez da noite. As entradas custarán cinco euros e os asistentes recibirán gratuitamente unha copia da ópera prima da banda.


Peregrinación a Teo como alternativa á visita Papal

Cultura 06/11/2010
  Envía a túa opinión

Unha romaría atea, isto é o que propoñen desde o portal web Komunikando.net e o colectivo Sei o que nos figestes para a xornada de hoxe e como alternativa á visita do Papa a Compostela. Para participar nela hai que peregrinar ata o veciño concello de Teo. Alí, no Campo de Santo Domingo en Solláns, parroquia de Calo, terá lugar unha cita lúdico-reivindicativa que se prolongará durante as 7 horas e 45 minutos que durará a visita do máximo responsable da Igrexa Católica, é dicir, das once e media desta mañá ás sete e cuarto da tarde.


O estadounidense Greg Dulli protagoniza a posta de largo de Desconcierto Cultural

Cultura 04/11/2010
  Envía a túa opinión

A Sala Capitol de Compostela acolle ás nove desta noite un magno evento, a actuación do Máximo Pontífice da Igrexa do Soul Rock. Así é como nos presenta a Asociación Desconcierto Cultural, en ton humorístico e aproveitando a visita do Papa a Galicia, a Greg Dulli, músico estadounidense, líder dos extintos Afghan Whigs, e o 50% dos Gutter Twins, proxecto que desenvolve xunto a Mark Lanegan. Un directo que suporá a posta de largo do colectivo e no que debutará como artista convidada a cantautora coruñesa Jane Joyd, unha nova promesa do folk galego. As entradas poden mercarse ao prezo de 18 euros, 8 para os que sexan socios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros