Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Máis real que a realidade

“Días sin luz” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 24/02/2011
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

As compañías de televisión manexas indicios, isto é, índices de audiencia, de que o público é pouco escrupuloso. Algún día haberá que debater se a televisión privada, na súa calidade de empresa, ten algunha obrigación moral á que se someter. Mentres non se resolve o dilema cabe pensar que os responsables de programación son xente coa que é mellor non alternar, non tanto porque imaxinen grellas consagradas ao morbo ou ao entretemento máis plano, senón porque están convencidos de que tal cousa é o que merecen os seus espectadores potenciais. A este lado da pantalla, de cote un se pode sentir como un cocho ao que lles están baldeando caldeiros de restos da comida porque, ao final disto se trata. Se hoxe as revistas de programación televisiva xa non teñen sentido como guías é porque a relación de emisións é mutable até o último intre: como a enerxía, o prime time non desaparece, só se transforma. A contraprogramación, antano era unha arte do disimulo. Agora o oportunismo delátase polo seu cheiro.


Sabedoría a golpe de spray

“Comando Actualidad: Usar y tirar” (TVE, 22:15 h.)

Sociedade 23/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Os afeccionados ás teorías da conspiración xa contan cunha nova trama de intereses ocultos sobre a que pousar o dedo acusador: a obsolescencia programada, isto é, a existencia de ciclos de vida predefinidos que obrigan á substitución das nosas posesións para que así a roda do consumo siga xirando. Non obstante, resulta algo simple pensar que esa caducidade controlada atinxe só á construción de bens de consumo como electrodomésticos ou vehículos. En última instancia, é sempre a vontade do consumidor a que prevalece, como se pode apreciar nas revoltas contra as ditaduras nos países norteafricanos, onde levaban décadas baixo gobernos ditatoriais con líderes escacharrados hai demasiado tempo e non foi até que o veciño de fronteira cambiou de modelo que se decidiron todos a renovar os pazos presidenciais. En España hai unha tradición máis inquieta: que llo pregunten a Tejero, que entrou a golpe de pistola no Congreso berrando contra a obsolescencia do Goberno, ou a todos os que aproveitan cada minuto de televisión para esixir o adianto electoral.


Noiva de América, pero solteira

“El Hormiguero: Jennifer Aniston e Adam Sandler” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 22/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Non sei cando se obra en transformación, pero estou seguro de que acontece. Tantas mañás espertando ao carón de alguén fan espertar nas persoas o convencemento de que a vida só e posible en parella. Pénsano os que fixan os prezos dos pisos de aluguer -só asumibles xuntando dous salarios aínda que o espazo habitable sexa para media persoa- e tamén os noivos que, de tan xuntiños todo o tempo, ven ao seu compañeiro como unha extensión física de si mesmos, como un furúnculo, pero un furúnculo ao que se lle quere moito. Cando se chega a ese punto, prodúcese a reacción que nos debe preocupar: de súpeto, a presenza ao seu carón de persoas solteiras resúltalles estraña, como se lles cheirase mal. Alí hai algo que non funciona. “Pero ti que fas que non botas moza? Corre, vai axiña a onde as reparten e escolle algunha que non se pode andar así pola vida”. Os que temos vivido soltarías de longa duración sentimos nalgún momento á maioría social asexándonos e sinalándonos polas rúas, falando baixiño ás nosas costas: “Pobre, debe de estar impedido”. Por iso é que Jennifer Anniston esperta a miña maior empatía.


Localismo á americana e crime

“CSI Nueva York/ Miami/ Las Vegas” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 21/02/2011
  Envía a túa opinión

Aos rockeiros galegos Triángulo de Amor Bizarro debémoslles uns dos títulos de cancións máis memorables dos últimos anos, entre eles, “El crimen, cómo ocurre y como remediarlo”. Se a ficción televisiva é, dalgunha maneira, un espello da sociedade que a crea, aos españois preocúpanlles maioritariamente os gremios profesionais, as familias unidas e as relacións sentimentais entre os seus membros, entre os que sempre haberá unha parella adolescente coas hormonas en rebumbio e disposta ao incesto. Aos estadounidenses, por enriba de todas as cousas, preocúpalles o crime. A delincuencia é sempre de alta intensidade e non resulta patrimonio dun lugar exclusivo, até o punto que semella que non existe cidade da Unión sen a súa parte alícuota de rúas perigosas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros