Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Aspirantes a Paris Hilton

“Hijos de Papá” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 18/02/2011
  Envía a túa opinión

Un dos grandes retos da socioloxía contemporánea pasa por determinar se os pijos conforman unha tribo urbana. Estes grupos humanos adoitan distinguirse por uns gustos comúns, normalmente relacionados coa música ou as actividades de lecer, pero sobre todo por unha estética que, por estrema, require dunha identificación fonda que axude a superar a vergoña de amosarse ante os demais como declaradamente distinto. Skin, b-boy, rocker, heavy, polas súas testas peladas, Doc Martens, pantalóns baggy, tupés, melenas, camisetas de Ecko, ou de Manowar os coñeceredes. Pero os pijos? Podemos dicir que son unha tribo cando o seu modelo estético non é xa o de Nati Abascal e os seus fillos, senón directamente o dos portavoces políticos do Partido Popular, o cal equivale a dicir as persoas que aspiran a gobernar un Estado? Que hai de contracultural en vestir pendentes de bola gorda e foulard como De Cospedal ou levar camisas azuis e de pescozo branco cun xogador de polo e o pelo lambido como González Pons? É aceptable que un dos obxectivos da tribo sexa gobernar o mundo nos termos actuais e non facer a revolución? A fin de contas, nunca coñecemos a un gótico que estivese preto do poder... se exceptuamos ás fillas de Rodríguez Zapatero, claro.


Como diría Gasset: “Berlinaaaaale”

“Días de cine” (La 2, 23:40 h.)

Cultura 17/02/2011
  Envía a túa opinión

A retransmisión da Gala dos Goya, malia ir perdendo a gracia consonte pasaban os minutos, que foron excesivos, axudou a restituír a confianza en que a televisión pública española pode chegar a ser un día unha canle na que crer e non á que mirar con sospeita á procura da publirreportaxe política como toca facer cada vez que un se asoma ao Telexornal Mediodía da TVG. Así, no informativo precedente falaron e non agocharon a protesta do colectivo Anonymous contra a Ley Sinde, e, dentro xa do Teatro Real, non aforraron nin un só plano da devandita ministra mentres escoitaba maquiavelicamente o discurso co que Álex de la Iglesia se exiliaba definitivamente do favor do núcleo duro do seu gremio. Os realizadores mesmo tiveron o valor de enfocar o escenario para amosar a vergoña organizativa que foi a sabotaxe de Jimmy Jump unha vez que se decataron de que non tiña sentido aguantar máis tempo ás caras de estrañeza e pavor dos nominados á mellor actuación masculina. Parte do éxito da industria do cine está en todas esas cousas: as circunstancias dos que o compoñen achegan interese dabondo para ver eventos como os Goya, aos que, finalmente, atende máis audiencia televisiva da que seguramente tiveron nas salas de cine os filmes premiados.


Beneficios da veciñanza

“La tentación vive arriba” (La 2, 22 h.)

Cultura 16/02/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha profesora de francés xubilada, no 5º Dereita. Na porta Centro, unha farmacéutica retirada e o seu sobriño. E xusto enriba, no 6º Esquerda, unha familia con raparigos nesa idade durante a que resultan insomnes os sábados e domingos pola mañá e para demostralo corren a un e outro lado do corredor, o que é igual a ir dun a outro lado dos meus miolos mentres tento apurar as horas de sono. Ningún destes veciños é unha moza loura e sexy, un dos arquetipos das fantasías sexuais masculinas dende que Billy Wilder rodara “La tentación vive arriba” e no papel de mazá do pecado colocara a Marilyn Monroe.


Nacho Vegas contra a industria do disco

“Los conciertos de Radio 3: Nacho Vegas” (La 2, 01:00 h.)

Cultura 15/02/2011
  Envía a túa opinión

A diferenza entre dúas seccións do mesmo mercado musical, o indie ou alternativo, e o mainstream ou masivo, é que a min non me gusta a música de Alejandro Sanz pero aínda que non teña interese sei, case á forza, polas boas ou polas malas, que o seu disco gañou o premio ao mellor álbum pop latino, mentres que onte, 14 de febreiro, saía á venda o novo disco dun dos popes desa escena mergullada, e vostede non tiña nin idea nin dese feito nin de que probablemente Nacho Vegas sexa ese músico que leva anos agardando sempre que se queixa de que todos os cantautores teñen máis de 60 anos, como Aute, e o único que aínda non chegou á idade da xubilación é Ismael Serrano. Que un vai envellecendo cos seus artistas favoritos parece unha das regras de ouro das industrias culturais que sosteñen boa parte do seu negocio en función da nostalxia, dirixindo sempre os mesmos produtos ao mesmo público obxectivo. Nunca ninguén intentou que os Sex Pistols lle gustasen a quen naceu para o rock con Bill Haley e os Cometas, e os que aínda cantaruxan nun francés inventado a Aznavour ou Charles Trenet morrerán sen saber quen é Benjamin Biolay. De igual maneira, até que quite o chapeu, Sabina seguirá sendo principio e final de todas as cousas para fans do verso libre por máis que as súas letras dos últimos discos palidezan fronte ás do Sr. Chinarro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros