Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

La Troba Kung-Fú volve a Galicia con ganas de festa

Cultura 27/10/2010
  Envía a túa opinión

A rumba catalá mesturada con cumbia, hip-hop, rancheira, reggae e moita guasa chega hoxe aos escenarios galegos, onde permanecerá ata o domingo. La Troba Kung-Fú visitan despois de moito tempo Galicia para presentar o seu segundo álbum A la panxa del bou (Na panza do boi). Joan Garriga, compositor, vocalista e acordeonista da formación, comentou en Radiofusión que están encantados de actuar en Galicia “polo bo ambiente”, o cómodos que se senten e o ben que os recibe o público galego. Ás dez desta noite actuarán no Ultramarinos de Compostela, mañá no Auriense de Ourense, o venres no Liceum de O Porriño, o sábado no Aturuxo de Bueu e o domingo pecharán a xira no Clavicémbalo de Lugo. Serán actuacións en pequeno formato, con catro músicos no escenario, pero onde está garantida a diversión, a festa e o baile.


O Castañazo Rock premiará os mellores cantos de taberna

Cultura 26/10/2010
  Envía a túa opinión

O Mercado Gandeiro de Chantada convértese, un ano máis, no escenario do Castañazo Rock. O festival medra nesta edición, dun a dous días, o sábado e domingo, 30 e 31 de outubro. Na primeira xornada os encargados de animar a cita serán Banda Bassotti (Italia), Boikot (Madrid), Ruxe-Ruxe (Compostela) e os locais Alén. Da clausura encargaranse Obrint Pas (Valencia), Fe de Ratas (Avilés), Dakidarría (Nigrán) e Guezos (Ourense). Os concertos comezarán a partir das dez da noite e para os máis cativos, o seu propio home orquestra, Cé Orquestra Pantasma, o domingo ás seis da tarde. A música complementarase cun magosto popular de balde, xogos bravús e o I Concurso de Cantos de Taberna.


Unha farinxite obrigou a Fito a aprazar concertos neste mes de outubro

Á venda as entradas para o concerto de Fito & Fitipaldis en Santiago

Sociedade 25/10/2010
  Envía a túa opinión

As entradas para o concerto de Fito & Fitipaldis puxéronse xa á venda ao prezo de 23 euros. Pódense adquirir na web de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es), na rede Ticketmaster (www.ticketmaster.es) no 902 15 00 25) e na Coruña en Fnac, Carrefour, Oficinas Halcón Viajes, Discos Portobello; en Santiago en Tenda A Reixa; en Pontevedra en Hiperfroiz Pontevedra, sección discos; en Vigo en Elepé; en Lugo en Don Disco e en Ourense en Peggy Records.


Jaume Carbonell

As actividades extraescolares complementan unha educación integral, afirma Jaume Carbonell

Sociedade 24/10/2010
  Envía a túa opinión

A educación dos nenos non se restrinxe á escola. A formación inclúe outros espazos como as actividades extraescolares, comedor escolar, a familia, os medios de comunicación e a cidade. O director da revista Cadernos de Pedagoxía e sociólogo, Jaume Carbonell, afirma que estes eidos completan a socialización, relación, aprendizaxe de coñecementos e a educación dos menores. Ante isto, hai que acadar que estas actividades cheguen a toda a poboación sen custe algún.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros