Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

- O amor idiotiza? -Pasapalabra

“Pasapalabra: Especial San Valentín” (Telecinco, 20 h.)

Sociedade 14/02/2011
  Envía a túa opinión

Disque a xente é capaz de perder a cabeza por amor. Que llo digan a San Valentín, que chegou a ser o santo patrón dos anuncios de colonias, as tarxetas de felicitación, a lencería vermella, as compras no Corte Inglés e de todo aquilo no que derivou a celebración do Día dos Namorados dende que un emperador ordenou separarlle a cabeza do corpo aló polo século III. Para ser a máis grande creación humana (no sentido dunha convención universal cos seus propios mitos e a aspiración máis lexítima de todas as persoas, despois da vida eterna e de ser millonario) o do namorarse vén sendo traducido das maneiras máis perralleiras posibles.


As xentes, que diría Julio

“Gente” (TVE, 20 h.)

Sociedade 11/02/2011
  Envía a túa opinión

Cremos en Sofres e nos audímetros o mesmo que o facemos no misterio da Santísima Trindade, o Rato Pérez, na Illa de Perdidos, no fútbol do Deportivo ou en Peter Pan: por unha cuestión de fe. Un non sabe que pensar dos datos do share, pero as veces imaxina que as porcentaxes que nos ofrecen forman parte da interesada manipulación dun Gran Irmán que procura amansarnos facéndonos crer que todo bicamos alí por onde cuspe Belén Esteban, cando en realidade somos como os veciños de “Ciudad K” e pasamos o día filosofando na cola do pan ou no salón de peiteado. Como en todos os casos, a cousa será nin tanto nin tan calvo, pero o que si semella claro é que temos un gusto adquirido polos contidos de sociedade. Eu aos programas como “Gente”, que o mesmo che falan do divino, que do humano, que do marciano, sempre lles vin certo desleixo. Provocábame desacougo non saber que ía entrar logo de cada careta de separación: pasas dunha reportaxe sobre un asasinato, a unha peza sobre moda para bebés e, sen solución de continuidade, á sesión de fotos para un calendario sexy.


“Queres o xenérico ou o de marca?”

“Falámolo: Por que os galegos nos medicamos tanto?” (TVG, 1:10 h.)

Sociedade 10/02/2011
  Envía a túa opinión

Ás veces costa aceptar a actitude pacata contra as drogas brandas tendo en conta a afección ao consumo químico estendida entre boa parte da sociedade. O propio corpo é como un lenzo en branco: hai quen toma esta expresión ao pé da letra e o pinta con tatuaxes que representan vidas intensas e torturadas e que locen tan ben por enriba da liña do bikini na praia; hai quen prefire esculpilo a golpe de arrastre de cargas pesadas, que por iso os bois (os dos cornos, non os das despedidas de solteira) sempre tiveron tan boa musculatura; e tamén está quen prefire experimentar co seu físico someténdoo ás reaccións químicas legais que ofrece o catálogo farmacéutico. Todos coñecemos a alguén con tendencia á hipocondría e tamén a auténticos chefs dos remedios medicinais. A min acórdame algún compañeiro de universidade que curaba as placas da gorxa fozando ata a epiglote cun bastón dos oídos enchoupado en Betadine; e que ao primeiro esbirro decidía organizar unha festa hardcore para as súas defensas tomando sobres de antibiótico.


Xustiza popular

“El Jurado” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 09/02/2011
  Envía a túa opinión

Profesións que ao confesalas fan erguerse a cella do interlocutor como un arco de medio punto: xornalista, taxador de inmobles, mamporreiro de sementais, bedel da Deputación Provincial de Ourense e xurado popular. Adoitamos confundir a xustiza, ese ideal, coa Xustiza, ese código que serve para limar os dentes do home que é un lobo para o home. Considerármonos ecuánimes como o Rei Salomón non implica que sexamos capaces de administrar con equidade as nosas decisións: se de nós dependese, o bebé había acabar partido pola metade. E, con todo, malia o especializado que resulta o oficio da maxistratura -cunhas oposicións máis difíciles de aprobar que as da Xunta cando compites co sobriño dun conselleiro- seguimos insistindo nas bondades dos xurados populares que tan ben pintan nas películas americanas como a moi orixinalmente titulada “El Jurado” que Cuatro emite esta noite. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros