Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A mirada dunha nena que le

Cultura 21/10/2010
  Envía a túa opinión

Non hai nada máis fermoso que a mirada dun neno que le. A frase pronunciouna un escritor ao recibir o Premio Príncipe de Asturias, gabando a lectura nas máis tempranas idades. Sobre a literatura infantil e xuvenil, versan uns encontros que mañá se desenvolven no Consello da Cultura Galega.


Santiago Jaureguizar: “Ameixeiras ten o mérito de que todos os membros do BNG se puxesen de acordo para ler un mesmo libro”

Cultura 19/10/2010
  Envía a túa opinión

O escritor e xornalista Santiago Jaureguizar publicou neste 2010 os dous primeiros libros dunha nova serie que ten como protagonista a Tintimán, un aprendiz de periodista que na primeira obra, Corazón de chocolate, investiga unha misteriosa seita relixiosa en Santiago. Na segunda, A coroa de Napoleón, este mesmo personaxe trasládase á Coruña para pescudar cal é o paradoiro desta valiosa xoia que vén de desaparecer. Libros de aventuras clásicos, como os define o propio autor, no que recorre á técnica da novela negra, de detectives e á intriga, pola que tamén ten gusto Diego Ameixeiras. O éxito de Asasinato no Consello Nacional non pasou desapercibido para Jaureguizar, quen asegura que “este libro ten o mérito de que todos os membros do Bloque se poñan de acordo á hora de ler o mesmo libro despois do Sempre en Galiza de Castelao”. Asegura que é moi positivo que “todos saiban o que pensan os demais deles”.


Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización e portavoz da Plataforma Queremos Galego

30.000 sinaturas para defender a oficialidade do galego

Sociedade 18/10/2010
  Envía a túa opinión

Esta mañá entregáronse no rexistro do Parlamento de Galicia as sinaturas de apoio á tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular levada a cabo pola Comisión Promotora da mesma e pola Plataforma cidadá Queremos Galego. Esta iniciativa, que se puxo en marcha por mor da vulneración dos dereitos lingüísticos do idioma galego, recolle todos os consensos que defende a plataforma e trata de lembrar á Xunta a súa obriga de cumprir cos mesmos. A proposición conta con todos os requisitos dunha iniciativa lexislativa popular e, ata o de agora, está avalada  por 30.000 persoas.


Os apeiros de Sacha na Horta pasan a novas mans

Cultura 16/10/2010
  Envía a túa opinión

O A Polo Ghit 2007 serviunos para coñecer a Sacha na Horta, as súas gañadoras. Tres mulleres que, segundo aseguraban, “embriagadas pola música e polo alcohol”, puxeron en marcha este proxecto. Elas eran Laina Peres, Andrea Zayas e Mané; que a finais do pasado ano dicían adeus á banda para dar o relevo a tres novas integrantes: María, Alenya e Iseo. En palabras desta última a Radiofusión, “as anteriores sachadoras son moi viaxeiras, polo que se produciu unha pequena diáspora, unha marchou a Brasil, outra a Holanda e a terceira á súa Cataluña natal”. As tres novas vocalistas pasaron a formar parte de Sacha na Horta tras superar unha proba que lles fixeron o resto de músicos da banda: Brais Gutiérrez (guitarra), Manu Payno (trompeta), Martinho Mato (saxo), Miguel Rumbao (baixo), Gus Agasi (batería) e Álex Salgueiro (teclado). Os nove están a traballar para presentar ao vivo o primeiro traballo da formación Temos moito por sachar, gravado polas anteriores integrantes do grupo e que xa se pode descargar de balde na Regueifa Plataforma. O 23 deste mes de outubro actuarán no Festival Papagrelos de Monfero.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros