Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A dramatización como salvación das artes escénicas

“Flashback” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 08/02/2011
  Envía a túa opinión

Aquí semella que só se levan as mans á cabezas ás industrias da música e do cine, pero a chegada de internet tamén está a revolucionar a maneira na que cabe entender o xornalismo, mesmo o único que parecía inmune á desafección da audiencia: a crónica rosa. Nun tempo no que os famosos poden gobernar á súa comenencia a exposición pública grazas ás contas de twitter, nova fonte de exclusivas e de pousados non roubados, o mundo do rexoubar debe procurar novas fórmulas para sobrevivir. Se é certo que se colle antes a un mentireiro que a un coxo, entón a prensa amarela debe de andar con muletas a reacción, porque ao seu festival de trolas diversas, medias verdades, mentiras piadosas pero sobre todo crueis, nunca lle falta imaxinación para reencarnarse unha e outra vez. Morreu o Tomate e algúns, incautos, profetizaron o fin dunha época, pero, así como Mubarak, o maldicir sabe como pousar con loctite no trono o seu enorme pandeiro engordado polos índices de audiencia. O último no díxome-díxome televisivo é a reconstrución dramatizada dos feitos.


Juan Sebastián Elcano pasado por Cuarto Milenio

“El Barco” (Antena 3, 22:30 h.)

Sociedade 07/02/2011
  Envía a túa opinión

Pola súa estrutura episódica, as series apostan boa parte do seu éxito, xa non tanto á realización, á interpretación, ao guión ou a calquera sostén tradicional das historias audiovisuais, senón a crear a ilusión do perpetuo movemento. Parar implica menos avidez por parte do espectador que, con tal de sentir que a terra se despraza baixo os seus pés ou os fotogramas diante dos seus ollos está disposto a vivir a ilusión do hámster que xira unha e outra vez na mesma roda mentres pensa que está avanzando cara algures e non movéndose nun punto fixo. A proliferación de series xa non de misterio, senón misteriosas en si mesmas, aprovéitase perfectamente desa narración obrigatoriamente fracturada en capítulos, creando unha audiencia cobaia, que ora corre sempre mirando cara adiante detrás dunha cenoria que nunca alcanza, ora é o rato perdido no labirinto do laboratorio á procura do seu pedazo de queixo. Así, con cenoria tras cenoria foron “Perdidos” ou “El Internado” -dúas series que ao poñelas na mesma frase sitúan o meu nome na lista negra de varias comunidades de fans- levando aos seus seguidores a un punto final no que asomou un queixo podre. Así quere “El Barco” ir amasando o seu rabaño de fieis semana a semana.


Escola de campións

“Bagdad: el imperio de los sentidos” (Cuatro, 00.30 h.)

Sociedade 04/02/2011
  Envía a túa opinión

Cando un ve que Cuatro anuncia na noite do venres un programa chamado “Bagdad”, agarda ver a Jon Sistiaga investigando cámara en man por rúas de area os restos do polvoriño que a familia Bush deixou como souvenir ao planeta. O que non conta é con descubrir un desfile xenital de corpos aceitosos dispostos a empregar as súas armas de destrución masivas e apuntando cara a nosa libido. Pero hai que recoñecer que moito antes de que nós soubéramos nada da Operación Tormenta do Deserto, o outro Bagdad xa estaba aí. Trátase dunha sala de festas erótico festiva que fai parecer os clubes de striptease de Las Vegas o xardín de infancia, porque se alí se fan acrobacias en barra fixa, neste local de Barcelona tamén, só que previamente hai que poñer a barra ergueita e o seu tacto é de todo menos metálico. Non sei cantos eufemismos máis vou ter que empregar neste comentario para evitar dicir que o mítico establecemento de lecer é un lugar no que se paga por ver follar en directo. Vaia.


JC11: a antítese de CR7

“El Hormiguero: Joan Capdevila” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 03/02/2011
  Envía a túa opinión

Abonda xa de comparativas entre Cristiano Ronaldo e Messi, figuras perfiladas das dúas estrelas a dobre páxina no xornal cun resumo das súas virtudes e conquistas, e glosas á pegada indeleble que deixarán nas hemerotecas e na memoria dos afeccionados. Se houbera que enfrontar a alguén cara a cara co Apolo luso do twelve-pack -dous abdominais alí onde só debera haber un-, dos lóbulos abrillantados, da pel morena e a faciana de neno, da extrema teatralidade e da couce atómica por patada a gol, ese alguén, a antítese de todo canto entendemos por unha estrela dos cromos de fútbol, ten que ser Joan Capdevila. Ao lateral esquerdo catalán é ao único futbolista ao que se lle recorda recoñecer, sen ningún rubor, que el é un ninguén coa sorte de aparecer no lugar axeitado no momento preciso: por exemplo, na selección campioa de Europa e do Mundo nun momento de ampla demanda desa rara especie do prado rectangular que é o defensor da banda zurda.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros