Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Gustavo Nieves

Gustavo Nieves pensa xa no mundial e en Londres 2012 despois de pulverizar o récord europeo en 10.000 metros

Deportes 16/06/2009
  Envía a túa opinión

O corredor galego Gustavo Nieves vén de proclamarse campión de Europa en 5.000 e 10.000 metros durante o Open de Atletismo para Cegos e Deficientes Visuais celebrado en Rodas, Grecia. O atleta do Sociedade Ximnástica de Pontevedra conseguiu ademais a prata en 1.500 e bateu o récord de Europa en 10.000 cunha marca de 31.33.17.

 


Os judokas galegos non perderon as bodas de ouro do judo

A Federación Galega de Judo premia a Sara Álvarez como mellor judoka de 2008 e da historia

Deportes 15/06/2009
  Envía a túa opinión

Mondariz vén de acoller a celebración do 50 aniversario do judo galego. Un evento no que a Federación Galega de Judo aproveitou para entregar os diplomas de cinto de ouro que acreditan aos mellores do ano anterior. A mellor judoka feminina foi, sen dúbida, Sara Álvarez, do Judo Club Lugo, e campioa de Europa Júnior. O cinto de ouro ao mellor judoka masculino foi para Óscar Fernádez do Vieirasa Famu de Vigo e campión de España Absoluto. Carla Mosquera foi considerada Mellor Judoka Promesa tras proclamarse campioa de España Sub-23 e o Mellor Judoka Revelación foi Daniel Maquieira do Club Lobeira de Vilagarcía, campión de España júnior e cadete.

 

 


Iván Brión en plena competición

Iván Brión campión en 10 Km no II Open Comunidad de Madrid

Deportes 12/06/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

O nadador galego Iván Brión do Club Natación Ribeira Mar de Couso, actual subcampión de España de augas abertas, vén de gañar a proba dos dez quilómetros do II Open Comunidad de Madrid en categoría absoluta. Nos cinco quilómetros tamén subiu ao podio ao facerse coa terceira praza.

 


Cartel do Campionato Iberoamericano de Tríatlon

Ferrol acolle este domingo o Campionato Iberoamericano de Tríatlon

Deportes 11/06/2009
  Envía a túa opinión

A cidade departamental conseguiu finalmente o seu obxectivo de albergar o Campionato Iberoamericano de Tríatlon no que haberá un grande ausente, Javier Gómez Noya que estará en Washington competindo nunha proba do Mundial. Non obstante, 450 deportistas chegados desde 25 países encargaranse de facer as ledicias dos ferroláns.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros