Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Acivro no lugar do Piñeiro (Maniños Fene A Coruña)

O acivro dos Ardá en Maniños

Sociedade 25/12/2011
  Envía a túa opinión

2 metros de perímetro de tronco, medidos a 1,30 de altura. É unha das medidas dun gran acivro plantado en Maniños (Fene A Coruña) Trátase posiblemente do acivro máis grande do Concello de Fene, cunha copa voluminosa e un bó estado de conservación. Vese dende a estrada da Armada, despois de pasar o parque do Piñeiro.


O vello pazo de Barallobre con 2 piñeiros

O piñeiro, emblema de Barallobre e de Fene

Sociedade 19/12/2011
  Envía a túa opinión

O piñeiro é unha referencia na paisaxe de Barallobre e do Concello de Fene. Trátase dun pinus pinea, piñeiro manso ou pino piñonero. Produce pinóns comestibeis. Ubicase no recinto do Instituto de Ensino Secundario de Fene, a carón do escudo do vello pazo de Barallobre.


Xardín adicado a Blanco Amor en Magalofes

Homenaxe ao bidueiro en Magalofes

Sociedade 06/12/2011
  Envía a túa opinión

Ao bidueiro gústalle o sol e a humidade. Atopamos un exemplar desa especie duns 20 metros de altura no xardín Blanco Amor, no camiño da Fontenova en Magalofes (Fene A Coruña). O bidueiro non é unha arbore moi lonxeva, pode durar uns 100 ou 150 anos. Quizais por iso non atopamos ningún exemplar en solitario desta especie, no Catálogo Galego de Arbores Senlleiras.


O buxo entre Limodre (Fene) e San Xoan de Piñeiro (Mugardos)

Forte coma un buxo

Sociedade 27/11/2011
  Envía a túa opinión

O buxo de Limodre (Fene A Coruña) conta cunha altura duns 7 metros e 3 troncos principais dun perímetro entre 70 e 90 centímetros cada ún. O perito agrónomo Antón Muñiz calcula a súa idade entre 160 e 200 anos. "Forte coma un buxo" dise da persoa sana, robusta e resistente a todas as doenzas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros