Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O 5 de xuño conmemórase en todo o mundo do Día do Medio Ambiente

Os ecoloxistas apostan por un rural vivo como garantía contra o cambio climático

Sociedade 05/06/2009
  Envía a túa opinión

Unid@s contra o cambio climático: o teu planeta necesítate é o lema elixido pola ONU para conmemorar neste 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta celebración, e a súas reivindicacións, teñen moito que ver cos sectores agrícolas, gandeiro e forestal, tal e como se intentou pór de manifesto no programa Onda Rural.


Pascual asegura que o Expediente é o resultado da baixada das vendas de leite

A Xunta rexeita o ERE de Pascual

Sociedade 04/06/2009
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia rexeita o Expediente de Regulación de Emprego que Leche Pascual presentou para a fábrica de Outeiro de Rei. A Consellería de Traballo entende que o ERE que supón o despedimento dos 155 traballadores da factoría lucense non se xustifica desde o punto de vista económico, organizativo ou tecnolóxico. O programa Onda Rural informou sobre este asunto e recolleu as últimas novas relativas á Semana Verde.


Investigadores galegos promoven a recuperación e mellora das diversas variedades autóctonas de pementos

Sociedade 03/06/2009
  Envía a túa opinión

A sabedoría popular asegura que “os pementos de Padrón, uns pican e outros non”. Pero as últimas descubertas científicas contradín este coñecido dito. Investigadores galegos rexistraron a variedade Entenza, a única liña de pemento de Padrón que non pica. Este é só un dos traballos destes científicos que se ocupan, por exemplo, de tarefas de clasificación ou de loitar contra as enfermidades que afectan a este produto da horta. O programa Onda Rural centrouse en coñecer, de primeira man, estes proxectos.


O obxectivo do plan é axudar a paliar a crise que sofren os produtores lácteos

Medio Rural asina coas entidades financeiras un convenio para incrementar a liquidez das explotacións leiteiras

Sociedade 02/06/2009
  Envía a túa opinión

Alivio para agardar o cambio de ciclo. Con ese propósito presentou a Consellería do Medio Rural o seu plan de axuda aos gandeiros. Trátase dun convenio con 13 entidades financeiras a través do cal se instrumentan medidas para incrementar a liquidez das explotacións lácteas galegas. Grazas a este acordo, porase a disposición dos produtores o importe correspondente ao 90% das cantidades solicitadas na campaña 2009 das axudas da Política Agraria Común de pagamento único e de pagamento adicional. Este asunto centrou o programa Onda Rural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros