Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Informativos de Radio Fene

Información do programa Novas do programa

Acceso ao Museo do Humor de Fene- A Coruña-

Informativo 18 de maio 2016

Sociedade 18/05/2016
  Envía a túa opinión

Único do seu xénero. Centrado no humor gráfico, nas súas salas pode contemplarse unha ampla mostra de orixinais de humoristas contemporáneos galegos e de todo o mundo. É hoxe o protagonista , na rúa Conces 20-22, o Museo do Humor de Fene que hoxe se suma á celebración do Día Internacional dos Museos co arranque dun ciclo de "Músicas con retranca". O Museo do Humor de Fene abriu as súas portas en 1984, co debuxante e humorista, Xaquín Marín, ao frente. Grazas á creación dos Premios Curuxa e algunha outra iniciativa, o Museo fíxose con obras de destacados humoristas do mundo enteiro. No 2014 o museo fenés cumpríu trinta anos. Hoxe arrinca o ciclo das celebracións do día internacional, coa actuación do grupo vocal "De Vacas".


Portada do libro Los Zares

Informativo do luns 16 de maio

Sociedade 16/05/2016
  Envía a túa opinión

Manuel María é o protagonista indiscutible deste mes de maio e particularmente do Dia das Letras. En Radio Fene queremos lembralo con algún dos momentos nos que a nosa emisora recolleu as súas palabras. Por exemplo no festival de solidaridade con Astano contra a reconversión naval, celebrado na Malata en Ferrol en 1984 ou como pregoeiro do Festival Irmandiño de Moeche, no 1988.


Informativo venres 13 de maio

Sociedade 13/05/2016
  Envía a túa opinión

A Deputación da Coruña ven de adxudicar o servizo especial de transporte de visitantes en autobús ao mosteiro de Caaveiro durante a tempada estival.Co obxectivo de facilitar a accesibilidade ao cenobio durante os meses de maior afluencia de visitantes, a Deputación habilitará de novo este verán un servizo regular de transporte entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, que unirá o centro de interpretación e o acceso ao mosteiro, con buses de ida e volta cada hora entre as 10.30 h. e as 20.00 horas.


Informativo xoves 12 de maio

Sociedade 12/05/2016
  Envía a túa opinión

É 12 de maio. Día mundial da Fibromialxia. Con motivo desta conmemoración, AFFINOR (Asociación de fibromialxia e síndrome de fatiga crónica do noroeste) organiza unha xornada divulgativa entre a Praza de Armas e a Galería Sargadelos. Na praza instálase dende as 10 e durante todo odía unha mesa informativa acerca desta doenza. Ás seis da tarde comezan os actos de Sargadelos coa participación da  concelleira de Benestar, Beatriz Sestayo, que leerá o manifesto do día e a presidenta de Affinor, Monserrat Porto falará da experiencia de vivir esta enfermidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros