Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Cartel da cinta

Un documental relata a situación das traballadoras das conserveiras

Sociedade 05/04/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Desde o peche da fábrica de conservas Odosa ata o de Alfageme pasaron 20 anos, pero aínda se poden establecer paralelismos entre unha e outra situación. Demóstrao así o documental Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo, asinado por Uqui Permui, que relata como era, e como é, a situación laboral das mulleres nas factorías do sector das conservas das Rías Baixas.


Cartaz da publicación

22 documentos do feminismo galego

Sociedade 17/02/2011
 15 comentario/s - Envía a túa opinión

Baixo o título "22 documentos do feminismo galego", a Fundación Galiza Sempre ven de publicar un libro que recolle panfletos e manifestos do movemento feminista galego entre 1975 e 2003. Desde a Asociación Galega da Muller ata a Marcha Mundial das Mulleres o libro deixa constancia das principais campañas impulsadas no noso País polo movemento social a prol dos dereitos das mulleres, cunha énfase especial nos anos de construción do movemento nas décadas 70 e 80.


Marta González na inauguración da exposición

Unha mostra de cómic para sensibilizar aos máis mozos

Sociedade 26/11/2010
  Envía a túa opinión

Sensibilizar aos máis mozos sobre a problemática da violencia de xénero, este é o obxectivo da exposición “Cartas de Amor”, que ven de ser inaugurada pola secretaria xeral da Igualdade, Marta González, no Instituto de Ensino Secundario Rosalía de Castro de Santiago. Esta mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, na que participaron autores de prestixio aportando os seus debuxos, irá rotando por diferentes colexios e institutos de Galicia para que esta reflexión e sensibilización poida chegar a máis mozos e mozas.


Ana Pontón (BNG) defendeu a iniciativa

Reclaman a posta en marcha do Consello Galego das Mulleres

Sociedade 23/11/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O rexeitamento do PPdeG a tramitar unha proposición de lei do BNG para a creación do Consello Galego das Mulleres provocou un novo enfrontamento entre a parlamentaria Paula Prado e a oposición en materia de igualdade, discrepancias xa frecuentes en discusións deste tipo en pleno e comisión entre a deputada do grupo maioritario e Ana Pontón (Bloque) e Silvia Fraga (PSdeG).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros