Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Peixe à Moda Nelinho é a aposta para 4ª Semana Internacional de Gastronomia da Costa Esmeralda

O Centro Superior de Hostelería de Galicia participa na IV Semana Internacional de Gastronomía da Costa Esmeralda

Sociedade 29/07/2011
  Envía a túa opinión

O evento celébrase entre o 23 e o 30 de xullo nas cidades brasileiras de Porto Belo, Itapema e Bombinhas. O profesor Braulio García participará neste evento e amosará as excelencias da cociña galega nun show cooking no que participarán cociñeiros do continente americano. Ademais, aproveitará a súa estancia en terras americanas para promocionar o centro galego de hostalería.


O recetario contén 14 formas de cociñar o bonito

“Aquí facémolo bonito” promociona a calidade desta especie

Sociedade 05/07/2011
  Envía a túa opinión

Os 14 restaurantes do grupo Galicia Gourmand distribuirán 13.000 recetarios do bonito do norte para impulsar a calidade desta especie. O director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, presentou hoxe en Santiago o recetario Aquí facémolo bonito, unha acción novidosa enmarcada na edición deste ano da campaña de promoción do bonito do norte Faino Bonito. Segundo explicou o director, este recetario contén 14 formas de cociñar o bonito, propostas polos restaurantes de Galicia Gourmand, dedicados a promocionar os produtos da terra e do mar de Galicia como fonte principal de calidade.


O seminario desta xornada desenvólvese na cidade de Turín

Os viños da D.O. Rías Baixas de ruta por Italia

Sociedade 09/06/2011
  Envía a túa opinión

O crecente interese polos viños de Rías Baixas leva, por primeira vez, ao Consello Regulador a Italia, país no que desenvolverá durante os meses de xuño e xullo seis presentacións dos seus caldos en Milán, Turín,  Bolonia, Florencia, Bari e Catania, dirixidas aos asociados da Asociación Nacional de Enólogos de Italia. A directora de Marketing e Promoción, Eva Mínguez, explica que “surgió esta oportunidad a través del ICEX en Italia que nos propuso realizar una presentación de nuestros vinos dentro de unas charlas que organiza sobre los vinos de España y nos pareció una buena idea.”


Cartaz da edición anterior de Xuviño

15 adegas participarán en Xuviño 2011

Sociedade 01/06/2011
  Envía a túa opinión

Os Concellos de Narón e Neda organizan a II Feira do Viño ‘Xuviño 2011’ que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Está prevista a instalación de 15 bodegas de viño, cada unha dela con dous stands –se instalarán por duplicado, nos paseos de Narón e de Neda-.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros