Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

A nova terminal de Lavacolla.

Lavacolla perde pasaxeiros.

Sociedade 10/01/2014
  Envía a túa opinión

A redución de pasaxeiros de Lavacolla en 2013, que non superou os 2,1 millóns, é froito da nefasta política aeroportuaria do PP, segundo denuncia o portavoz do grupo municipal do BNG en Santiago, Rubén Cela, quen reclama un cambio na estratexia actual que agravou Feijóo ao eludir as súas responsabilidades na ordenación do mapa aeroportuario galego. Rubén Cela sinala que a actual política aeroportuaria conduce “a unha redución de pasaxe e á perda de peso específico de Lavacolla”.


Un veciño das Filipinas permanece sobre o tellado dunha casa co telón de fondo dun distrito financeiro nubrado en Manila. (Francis R. Malasig/EPA)

Autoridades filipinas falan de máis de 10.000 mortes polo ciclón Iolanda

Sociedade 10/11/2013
  Envía a túa opinión

O ciclón máis potente en tres décadas maltratou ás Illas Filipinas, causando moitas mortes  e desprazando máis de 700.000 persoas O tifón Iolanda (Haiyan) levaba ventos sostidos de máis de 235 quilómetros por hora e refachos de até 275  cando fixo cinco chegadas sobre as provincias orientais e centrais de Samar Oriental, Leyte, Cebu e Iloilo, segundo informan as axencias meteorolóxicas da zona.


Blog galego-sirio

O espirito anarquista en Siria

Sociedade 18/09/2013
  Envía a túa opinión

"Hai moito de espírito anarquista no activismo das zonas liberadas do réxime" afirma Yassin Swehat, blogueiro sirio-galego que denuncia á "tiranía" da familia Asad e o control monolítico do partido Baath durante máis de 50 anos. Iso non lle impide criticar unha hipotética intervención militar dos Estados Unidos ou situarse a carón dos palestinos, nunha interesante entrevista no Galicia Confidencial.


Camilo Nogueira, Ana Miranda e Xavier Vence

Galegos na Via Catalá

Sociedade 11/09/2013
  Envía a túa opinión

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego Xavier Vence participou esta tarde na Via Catalá pola independencia, xeito escollido polo nacionalismo catalá para conmemorar este ano 2013 a Diada de Catalunya. Tamén acudiron representantes de Anova e de Compromiso por Galicia. Centos de milleiros de persoas participaron na iniciativa que reclama a convocatoria dunha consulta sobre a independencia no 2014. Segundo unha enquisa realizada pola cadena SER, 8 de cada 10 cataláns están a favor da realización do referendo. O 52% votaría por contar cun Estado propio.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros