Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Comeza o curso na Escola Livre da Música Popular Galega

Cultura 07/10/2010
  Envía a túa opinión

As aulas de ensino regular da Escola Livre da Música Popular Galega en Santiago teñen aberto o seu prazo de inscrición. Esta é unha das seccións docentes máis importantes de Galicia xestionadas pola Central Folque, para a aprendizaxe deste tipo de música a todos os niveis e idades (a partir dos 15 anos) con profesionais en activo coma docentes. Ugía Pedreira, Pedro Pascual, Roberto Sala, Edelmiro Fernández, Guadi Galego, Gutier Álvarez, Óscar Fernández, Chuco Estévez e Paulina Ceremucynska serán os profesores neste curso 2010-2011 e impartirán as materias de zanfona, requinta, canto, gaita, percusión, violín e acordeón diatónico A Escola Livre cumpre dez anos de vida e leva tres en Santiago de Compostela logo de consolidarse en Lalín como conservatorio.

 


Twitter conta con 145 millóns de usuarios

A galega, a primeira no twitter

Cultura 06/10/2010
  Envía a túa opinión

O hashtag #galega logrou posicionarse como a etiqueta máis usada entre as 16 e as 17 horas deste 6 de outubro na rede social twitter no Estado español. Tratábase dunha iniciativa de Radiofusión e de galegolab para difundir a existencia e as potencialidades da lingua galega. Na acción participaron un total de 258 internautas que enviaron 1148 tweets. As estatísticas desa hora indican que farían falla 750 usuarios e arredor de 3.300 tweets para chegar a figurar no Top 10, as 10 etiquetas máis utilizadas nesa franxa horaria en todo o mundo.


Chegaremos coa lingua galega ao máis alto do Himalaia 2.0

Para poñer máis alta a lingua galega

Cultura 06/10/2010
  Envía a túa opinión

Hoxe é o dia D. O 6 de outubro do 2010 entre as 16 e as 17 horas intentaremos levar a lingua galega á portada do twitter, rede social con máis de 145 millóns de usuarios. Pedimos a todos os twitteros que envien nesa hora cantos máis comentarios podan coa etiqueta #galega. Queremos situar ao noso idioma entre os temas máis utilizados do dia. Conmemoramos así o primeiro mitin político en lingua galega que pronunciou Manuel Lugrís Freire en Betanzos o 6 de outubro de 1907.


A de Frankfurt considérase a feira editorial máis importante de Europa

Unha vintena de editoriais galegas presentarán as súas novidades na Feira do Libro de Frankfurt

Sociedade 04/10/2010
  Envía a túa opinión

Un stand de más de 60 metros cadrados compartido pola Asociación Galega de Editores e a Xunta de Galicia permitirá presentar na Feira Internacional do Libro de Frankfurt 2010 as novidades dun total de 20 editoriais galegas. A cita, que se celebra do día 6 ao 10 deste mes de outubro, está considerada como o evento editorial europeo máis importante do sector.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros