Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A forma de denominar a Rianxo revela unha profunda incultura

Rianjo, Puentedeume, El Ferrol

Cultura 28/09/2010
  Envía a túa opinión

O Imserso (Instituto de Maiores e Servizos Sociais) pertencente ao Ministerio de Sanidade e Política Social non respeita os topónimos de Galicia no listado das axencias de viaxe autorizadas para as viaxes da terceira idade. Na súa páxina web inclúense nomes deturpados como Rianjo, Puentedeume ou El Ferrol.


“También la lluvia”, candidata aos Óscar

Sociedade 28/09/2010
  Envía a túa opinión

A película "También la lluvia", de Icíar Bollain, e protagonizada por Luís Tosar e Gael García Bernal, foi elixida hoxe pola Academia de Cinema para representar a España na categoría de mellor película de fala non inglesa da 83 edición dos Óscar, e na 53 edición dos premios Ariel da Academia de México.


Los Reyes del K.O. chegan a Galicia reivindicando festa

Cultura 28/09/2010
  Envía a túa opinión

Os bluesmen galegos Marcos Coll (harmónica) e Adrián Costa (voz e guitarra) volven á terra que os viu nacer como músicos, Santiago de Compostela, para presentar o seu novo disco, It´s fiesta time. Un traballo no que están acompañados polo resto de Los Reyes del K.O., o madrileño Javier Vacas (baixo), o alemán Cristian Rannemberg (piano) e o mozambicano Carlos Delalane (batería e baixo). O álbum, con 15 temas, soará ao vivo na sala Capitol este xoves, 30 de setembro, a partir das nove e media da noite. Adrián Costa asegurou en Radiofusión que o de Santiago será o máis especial dos directos da xira estatal e pídelle aos asistentes que vaian preparados para estar ata altas horas gozando da música de Los Reyes del K.O.


Portada de “Ben deitei”

A Safari Orquestra volve con “Ben deitei”, o seu disco máis feminino

Cultura 22/09/2010
  Envía a túa opinión

A Safari Orquestra elixiu este 2010 para publicar o seu agardado e novo álbum, Ben deitei. Un traballo no que de novo a electrónica-fusión, tomando como base a música negra (soul, funk, reggae), é o estilo predominante. Un disco con dez temas nos que a formación madurou e evolucionou, experimentando con novos arranxos e engadindo unha nova integrante á banda, Najla Shami, que pon a voz e enriquece os temas, segundo comentou en Radiofusión o líder da Safari Orquestra, Emilio López. Despois de presentar o disco no verán por fóra de Galicia, o grupo traballa agora na preparación dos directos de cara o outono.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros