Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Cantar e mercar, todo é comezar

“Los anuncios de tu vida: Díselo cantando” (TVE, 23:45 h.)

Sociedade 20/01/2011
  Envía a túa opinión

Que llo pregunten a My Fair Lady aprendendo que a chuvia en Sevilla é unha marabilla, ou aos pequenos nenos Von Trapp que se tiraban a rolos polos verdes prados dos montes próximos a Salzburgo aprendendo a escala musical dunha maneira particular: “Re, selvático animal”. Cantaruxar é a máis ridícula e ao mesmo tempo a máis básica das regras mnemotécnicas, así que alí a onde non chegan os rabos de pasa para fortalecer a nosa memoria, alí comezamos a poñerlle melodía ás cousas máis absurdas. Se ata as táboas de multiplicar as aprendemos cun ritmo monótono polo que poderían pedir dereitos de autor no despacho de Teddy Bautista os nenos do Colexio de San Ildefonso: “Dúas por unha, dúas; dúas por dous, caaaatro...”. A ignota natureza da música forma parte de nós dunha maneira que non atinamos a comprender e algo activa no cerebro que facilita a súa lembranza: poida que para a nosa vida sexa máis relevante o que debatan os líderes políticos no Congreso, pero cando saímos á rúa a dar un paseo o que nos rolda na cabeza non son as explicacións sobre a reforma laboral, senón o “po-po-po-po-po-poker face” de Lady Gaga. Quere que alguén se acorde do que lle vai dicir? Aprenda dos actores de musicais e cóntello cantando sempre que teña ocasión.


Desatada

“Gran Hermano 12+1” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 19/01/2011
  Envía a túa opinión

Aló cadaquén coas súas mexericadas. Todos levamos o noso ao lombo, a nosa cota de melindres que nos fan en maior ou menor grao uns repugnantiños. Hai quen come percebes coas mans pero non o churrasco; xitanas que che piden cartos despois de forzarte a unha lectura das liñas da vida e (isto é verídico) logo non che aceptan moedas, só billetes porque seica “metal non poden tocar”;  porteiros de discoteca que visten smoking de Fred Astaire que lles senta como ao porco o freo e que non che deixan acceder ao baile porque calzas zapatillas deportivas; e unha longa lista que nos sinala como unha especie evolucionada, si, pero aínda afastada do sentido común. Un dos seus exemplares máis pintorescos é Mercedes Milá, á que tanto lle ten vestirse como unha árbore de Nadal, que cantar as gabanzas dunha boa mexada na ducha, pero que agora resulta que pertence á confraría de Ángel Nieto e nada quere saber do número 13.


Profesional, moi profesional

“Sofía” (Antena 3, 22:15 h.)

Sociedade 19/01/2011
  Envía a túa opinión

Precísase unha investigación xornalística a fondo, tipo Wikileaks, que revele se existe algún desvío de fondos dende o Pazo da Zarzuela da asignación anual coa que os nosos impostos sufragan a Coroa española cara produtoras de televisión privadas. Nos últimos meses, houbo miniseries que nos aprenderon que Juan Carlos I era un superheroe da democracia, que Felipe e Letizia de Asturias son Hugh Grant e Sandra Bullock nunha comedia romántica de éxito e, pouco a pouco, irán caendo o resto de polas da árbore xenealóxica borbónica, incluídas as malas herbas asociadas. Xa me tarda que se aventure alguén a presentar a Marichalar como o malévolo antagonista nalgún destes capítulos, un Doutor Non contra a Casa Real ao que os servizos de escolta perseguen en frenético descenso polas nevadas pistas de Baqueira Beret. 


Paraíso Feijóo

“Españoles en el mundo: Salvador de Bahía” (TVE, 23.15 h.)

Sociedade 18/01/2011
  Envía a túa opinión

A guerra está aberta. Que se o catálogo de medicamentos, que se o decreto do carbón, que se a lei autonómica de caixas, que se o reparto do financiamento autonómico, que se a avoa xa non fuma porque non lle deixan nos bares... Xunta e Goberno central, sometidas aos intereses de cadanseu partido, levan dende o cambio de inquilino en San Caetano buscándose constantemente as cóxegas. Arestora, boa parte dos problemas de atranco no funcionamento da Administración de Xustiza llos debemos a teima que manteñen en preitear os uns contra os outros en defensa de intereses que nunca sabemos se son os nosos propios. Podíase ler o outro día en páxinas da prensa galega máis adepta ao presidente galego que o embaixador dos Estados Unidos en España gababa a Alberto Núñez Feijóo como un dos prohomes da política estatal que máis atención lle merecía e dos máis considerados como figuras para o futuro nos documentos do seu departamento. Tal parece que dentro de pouco o líder do PP galego, disque golfiño en etapa primixenia de Mariano Rajoy, merecerá máis cedo que tarde os seus propios cables de Wikileaks. A televisión pública española, dependente do Goberno central, reacciona a esta campaña de louvanzas ao seu litigante do Finisterre reprogramando, con moi mala fe, unha nada circunstancial edición de “Españoles en el mundo”: Salvador de Bahía. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros