Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Noitarega conmemora cun novo disco os seus 21 anos de traxectoria

Cultura 21/09/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Noitarega, unha das bandas lendarias dentro do panorama da música tradicional galega, apostou por un novo disco como forma de conmemorar os seus 21 anos de existencia. XXI, así se titula o álbum, que inclúe 20 temas gravados nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó. Destacadas son tamén as colaboracións do disco, entre as que se atopa Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”.


A autora alemana Cornelia Funke, na presentación mundial do libro en Nova Iork

‘Reckless . Carne de pedra’, o primeiro libro que se lanza ao mercado internacional en lingua galega

Cultura 20/09/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

As aventuras de dous personaxes que cometen o erro de cruzar o espello e descobren un mundo no que os contos máis tenebrosos se fan realidade, incluso o dunha fada que sementa carne de pedra. Un terrible maleficio converte a carne humana en pedra e Jacob, o irmán maior, terá que enfrontarse a numerosos perigos para lograr salvar a vida do seu irmán pequeno Will. Este é o punto de partida do último libro de Cornelia Funke ‘Reckless. Carne de pedra’. Con el, o pasado martes Xerais incorporouse, por primeira vez, ao seu lanzamento internacional incluíndo a traducción ao galego, autoría de María Xesús Bello.


Así naceu o galego

Cultura 19/09/2010
  Envía a túa opinión

Dende o desmembramento do Imperio Romano foise configurando no noroeste da Península Ibérica un dialecto do latín con certas características peculiares, que se foron facendo máis definidas a partir das invasións xermánicas e o establecemento do reino suevo de Galicia. Despois da chegada dos árabes a Al Andalus (711), vaise perfilando unha lingua diferente ás outras linguas peninsulares, que vai coñecer, a partir do século XII, un extraordinario esplendor literario no campo da lírica.


Manifestación de Queremos Galego o 18 de outubro de 2009

Para poñer máis alta a lingua galega

Sociedade 19/09/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Tentamos situar e divulgar o conceito de lingua galega entre os 145 millóns de usuarios de twitter. Buscamos que se coñeza a existencia do noso idioma no mundo, un xeito máis de lograr prestixialo. A seguinte proposta trata de visibilizar a lingua galega en Internet a través da súa presenza no twitter, rede social que conta con 145 millóns de usuarios, segundo dados de comezos deste mes de setembro. O obxectivo é situar o hashtag #galega entre os "trending topics" (temas do momento) en Twitter.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros