Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Manifestación de Queremos Galego o 18 de outubro de 2009

Para poñer máis alta a lingua galega

Sociedade 19/09/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Tentamos situar e divulgar o conceito de lingua galega entre os 145 millóns de usuarios de twitter. Buscamos que se coñeza a existencia do noso idioma no mundo, un xeito máis de lograr prestixialo. A seguinte proposta trata de visibilizar a lingua galega en Internet a través da súa presenza no twitter, rede social que conta con 145 millóns de usuarios, segundo dados de comezos deste mes de setembro. O obxectivo é situar o hashtag #galega entre os "trending topics" (temas do momento) en Twitter.


Marful pon a proba o seu “Manual de sedución” no Teatro Colón

Cultura 16/09/2010
  Envía a túa opinión

Un disco feito a lume lento. Iso é Manual de sedución, o segundo álbum de Marful, despois de catro anos da edición do seu primeiro traballo homónimo. A vocalista da formación, Ugia Pedreira, afirmou en Radiofusión que os 14 temas do disco “lévannos polo amor e o desamor, que é o que move todo, pero tamén polas paisaxes de moitos países, por diferentes formas de ver a vida ou polo mar”. O Teatro Colón Caixa Galicia acolle ás nove desta noite a presentación ao vivo de Manual de sedución. Uxía asegura que agarda que o público a sorprenda, porque “se eles poñen da súa colleita, levarán un camiño da improvisación mutuo”. Tamén afirmou que no directo estarán presentes elementos que definen a Marful como o bodegón, os allos, mariscos amestrados ou a señora barbuda.


Luis Tosar leu esta mañá as 3 películas pre-seleccionadas

Luis Tosar, nos tres filmes preseleccionados para os Oscars

Cultura 15/09/2010
  Envía a túa opinión

O actor galego Luis Tosar participa nas tres películas preseleccionadas para os Oscars. Ademáis a produtora coruñesa Vaca films tamén interveu en duas das tres longametraxes.


Galicia, o particular “far west” de Siniestro Total

Cultura 15/09/2010
  Envía a túa opinión

Country á galega, ao estilo de Siniestro Total, isto é o que nos ofrece a banda supervivente da movida viguesa no seu novo traballo, o décimo oitavo da súa discografía. Country & western, este é o título do álbum que onte saía á venda e no que aluden de xeito reiterado a Galicia. Precisamente, segundo confesou o líder da banda e membro fundador de Siniestro Total, Julián Hernández, na canción á que lle dá título o disco falan da “promiscuidade sexual que existe en Galicia e que queda patente co trío político do Parlamento galego”.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros