Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Stella Doufexis inaugura o Ciclo de Lied de Santiago

Sociedade 14/09/2010
  Envía a túa opinión

A mezzosoprano Stella Doufexis inaugura esta noite a undécima edición do Ciclo de Lied de Santiago. A cantante greco-xermánica actúa en substitución da soprano chilena Carolina Ullrich, quen a última hora tivo que cancelar o seu concerto por enfermidade. Doufexis, acompañada ao piano por Roger Vignoles, comezará o seu programa con cancións de Brahms e Mahler, logo tocaralle a quenda aos artistas franceses (Ravel e Debussy) e rematará con La regata veneciana de Rossini.


O colectivo docente artellouse a través das redes sociais

Profes co Galego retruca que “cumprir a lei non é insubmisión”

Sociedade 14/09/2010
  Envía a túa opinión

O conselleiro xa ten que lle escriba. O colectivo Profes co Galego que vén escenificando o seu rexeitamento ao decreto do plurlingüismo a través das redes sociais vén de publicar unha carta aberta ao titular de Educación da Xunta, Jesús Vázquez Abad, no que responde ás acusacións manifestadas por este. A plataforma sostén que non están politizados e non son insubmisos, senón mestres que cumpren a lei.


A Banda das Crechas lega parte do seu repertorio en forma de disco

Cultura 14/09/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Hai 23 anos nacía en Compostela un dos seus locais máis míticos, A Casa das Crechas. Dese universo colectivo e das súas foliadas saíu A Banda das Crechas, unha formación plural e aberta, que hoxe saca á venda o seu primeiro disco, ao que dan título as súas sigla ABDC. Trátase de 15 temas, unha escolma do seu repertorio, no que se mesturan cancións clásicas, pertencentes á música de raíz galega, con outras tradicionais de orixe balcánica, nórdica, irlandesa ou castelá. Un traballo que dá conta da multiculturalidade da banda e que mañá mércores, ás sete da tarde, se presentará na propia Casa das Crechas.


Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela)

Por favor, enterren aos artistas na tumba do Apostol!

Sociedade 12/09/2010
  Envía a túa opinión

A poucos meses de xubilarse, Toni Puig segue a ser tan irreverente e provocador como cando fundou a revista libertaria Ajoblanco. Subiu ao escenario do CGAC, no Mercado Atlántico de Creación Contemporánea clausurado este mediodia, e pediu aos asistentes "sepultar aos artistas".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros