Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Rata gourmet

“Ratatouille” (Antena 3, 22 horas)

Sociedade 03/01/2011
  Envía a túa opinión

Empezar o ano perante o televisor require reconciliarse co medio escollendo unha aposta segura que nos faga pensar que as moitas horas que invistamos cos ollos postos na pantalla durante 2011 contribuirán, se non a facernos mellores persoas, polo menos a non empeorarnos. O mellor refuxio nestes casos adoita ser unha boa película. O cine é unha arte non diferente a outras, na que unha das virtudes máis apreciadas é a consistencia. As enciclopedias do xénero salientan sempre a aqueles creadores que cunha infalibilidade mecánica son quen de entregar unha marabilla tras outra, esta un chisco mellor, aquela unha pinga peor, pero todas excelentes. Esa regularidade é a que fai que haxa quen lle poña velas nun altar a Billy Wilder, Hitchcock ou Woody Allen. Para chegar a ese status cómpre gozar dos parabén reiterados de público e crítica que, rendidos ao autor, lle permitan entregarse sen medo a mellorar en cada nova entrega a anterior. Case non os hai que hoxe poidan gozar dese status, e se tivésemos que nomear só a un sen trabucarnos, debéramos apostar o noso diñeiro a Pixar. 


Vasile fulmina o mito das mozas Freixenet e Rondel

“Badaladas de fin de ano” (Todas as cadeas, 23:45 h.)

Sociedade 31/12/2010
  Envía a túa opinión

Con razón se fala de nichos de mercado, porque no mundo da empresa, se algún modelo a seguir hai, ese é o da industria funeraria. Para ser a morte un asunto tan desagradable, sobre todo para quen a padece, non arredou as ansias de negocio. Xa sabemos que o capital é o único elemento sobre o planeta capaz de fundirse con calquera cousa sen risco de contaminación propia aínda que si allea. Así as cousas, neste tempo no que tanto se fala de emprender, investigar e innovar, coido que todo o esforzo dos aspirantes a empresario deberan ir encamiñados a pensar en ideas que viaxan en cadaleitos e que encaixan en nichos vacantes e que, por enriba de todo, cumpran co principio supremo que fai das pompas fúnebres unha aventura blindada fronte á crise: hai que satisfacer demandas que sexan perennes e inesgotables. Ocuparse dos cadáveres que se producen de forma inexorable é unha delas. Os empresarios do papel hixiénico tamén entenderon de que vai o conto e investiron en cubrir unha necesidade común, universal e perpetua. E, a nivel moito máis local, os produtores de uva foron máis inventivos e demostraron máis miolos que a maior parte dos produtores de alimentos. 


Dous eran dous

“DEC. Pajares y Esteso: el reencuentro” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 30/12/2010
  Envía a túa opinión

Simon e Garfunkel, Lennon e McCartney, Tom Baker e Oliver Atom, Ella Baila Sola, Tom e Jerry, Pixie e Dixie, Los Pecos, Wham!, os Irmáns Coen, Bud Spencer e Terence Hill, Batman e Robin... Os dúos merecen un respecto. Formar parte desa tradición do espectáculo pola que dúas persoas están dispostas a aturarse nunha carreira cara o éxito que predispón á envexa e o rancor demostra unha humanidade con pouco parangón. O roce fai o cariño, e o éxito destrúeo, así que son poucos os que manteñen o matrimonio artístico durante toda a súa vida. Ninguén casa pensando no divorcio agás aquel que forma un dúo para gañar o sustento e que sabe que, irremediablemente, chegará o momento da separación. A este fenómeno dedicou Álex de la Iglesia unha das súas peores películas, “Muertos de Risa”, que como lle adoita pasar é todo potencial e pouca concreción. Relataba a historia dunha parella de humoristas que, mentres provocan a gargallada allea, incuban a carraxe no seu interior contra o seu compañeiro, até que todo remata como deben rematar as historias tráxicas baseadas nos ciumes. Moito se falou de que aquela hipérbole era un retrato con brocha gorda de Martes y Trece, pero coa suficiente distancia obsérvase que as formas que se debuxaban eran en verdade as de Pajares e Esteso. 


Busta tampouco cre que o seu sexa o disco do ano

“Gala: El Disco del Año” (TVE, 22:15 h.)

Sociedade 29/12/2010
  Envía a túa opinión

O que aprendín no día dos Santos Inocentes é que Lolita quere que os seus discos se vendan en El Corte Inglés. Repetíao unha e outra vez mentres os actores que facían de axentes da benemérita ameazábana con levala ao cárcere logo de descubrir no maleteiro do seu coche un feixe de discos piratas recollidos nunha manta que os organizadores da broma colocaron alí sen o seu consentimento. “Eu non fun, eu como disto, de vender o disco no Corte e non na manta”, teimaba a cantante mentres se desenvolvía o teatro que, por obra da actualidade política, pasou de ser un enredo cómico a unha representación da traxedia do artista comercial. Nin a carta parvularia de Javier Bardem falando dos tomates, nin os twitters de Alejandro Sanz criticando dende Miami a covardía da clase política española da que el foxe levándose os seus impostos fóra, nin os tenros esforzos dialogantes de Álex de la Iglesia cos internautas amosaron a fenda definitiva entre o artista tradicional e o novos tempos das industrias culturais na era na que o usuario tomou a comunicación pola man, como o pasmo e a incomprensión de Lolita no “Inocente, inocente”. E así, “cuchíbiri, cuchíbiri”, vai que vai o debate da Lei Sinde que goza dunha oportunidade de redención en prime time apoiada polos seus paladíns. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros