Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ela quere as túas bágoas

“La Noche de los Sueños” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 22/12/2010
  Envía a túa opinión

Houbera preferido vela con xersei e saia azul mariño sacando bolas e gritando os números premiados, pero Emma García e Telecinco teñen outros plans dentro da súa campaña de extorsión televisiva a través da que pretenden facernos crer que o mundo real só se compón daquilo que se fala en “Sálvame” e que a historia só se pode entender antes e despois de Carmina Ordóñez. Nese universo paralelo que contamina o noso, rite ti de Matrix, a Lotaría de Nadal é pouco menos que unha rifa escolar cando o calendario chega ao 22 de decembro. A cadea amiga escolle esta noite para comprar a alma de todos os pobres investidores desgraciados -isto é, dos non agraciados polo bombo do Gordo- e insinuarlles que a súa fortuna non reside nun décimo senón no teléfono dos estudios de Paolo Vasile. Uns conceden pedreas e outros ofrécense a sacarche as pedras do ril se ese é o teu desexo e, a cambio, decides amosarnos as túas vísceras para alegrarnos a dixestión da cea. Glándulas lacrimais listas, porque García está de volta disposta a levarse as vosas bágoas.


Tiranos

“Partido por África: Federer-Nadal” (Teledeporte, 20:30 h.)

Deportes 21/12/2010
  Envía a túa opinión

A ignorancia é atrevida. Millóns de adolescentes en todo o mundo miran con carraxe aos seus pais cando nun artificial intento de facer ver que eles tamén “están na onda” se achegan ás súas criaturas dispostos a interactuar: “Iso que estás escoitando é Lady Gaga, non?” (a única referencia que manexan grazas a que sae tamén en revistas como o “Hola”). Mentres o pequeno fan emo-gótico de Tokio Hotel os mira con desprezo dende o fondo da habitación por non saber distinguir nada da cultura que decidiu abrazar, ao mesmo tempo o mozo xa ten resolto marchar da casa en canto cumpra a maioría de idade para ingresar nunha comuna na que si comprendan o poder da androxinia. A min, e coido que á maioría tamén, pásame algo semellante co mundo do tenis. Ás veces síntome como o pai que se aventura no descoñecido cunhas nocións superfluas. É máis, agora mesmo lanzo esta pregunta: hai alguén máis que xogue ao tenis dende o ano 2005 que non sexan Roger Federer ou Rafael Nadal?


Lameira romántica

“Ghost” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 20/12/2010
  Envía a túa opinión

Cando eu estudaba a EXB, entre as actividades extraescolares de máis éxito na miña escola figuraban as clases de “Barro”. O nome estaba moi ben posto, pois aquilo ficaba moi lonxe de merecer o alcume de cerámica. Mesmo por momentos puidera terse chamado lodo, tal era a maneira na que ficabamos emporcallados tras fozar na pasta moldeable. Aquelas mans torpes que aínda non tiñan destreza necesaria para escribir unha caligrafía lexible sen botar man dos cadernos Rubio, moito menos estaban listas para dar formas recoñecibles ao barro e non parecer un demiurgo bébedo. Se me desen a min a costela e o resto do material para crear á primeira muller, podo asegurar que non existiría o pecado orixinal porque o resultado non sería nada tentador. Daquelas clases aínda conservo algunha pequena peza cocida no forno que os paleontólogos de séculos vindeiros descubrirán e pensarán que foi amasada por un australopitecus ou por un pequeno home pouco sapiens. Non sería ata tempo despois que coñecería as posibilidades eróticas da arxila.


Vi-vi-vi-vi-viva la fiesta!

“Callejeros: Chicas de discoteca” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 17/12/2010
  Envía a túa opinión

Creo firmemente na extinción da especie humana se os métodos artificiais de procreación non o resolven. Por algún impulso de autodestrución que tan só o paso do tempo nos permitirá apreciar na súa xusta medida, convertemos o escenario do achegamento sexual nunha réplica aproximada do que entendemos que debe ser o último círculo do inferno. En última instancia, coido que o único motivo para a existencia da cultura da discoteca hardcore é disimular comportamentos primitivos dos que sentimos vergoña e que, crendo sofisticalos, terminamos por embrutecelos máis aínda. Quen viaxe de cote nun autobús que coincide en horario co traslado da rapazada á cidade para o botellón, observará usos e costumes que non difiren dos que Margaret Mead explicaba no seu ensaio “Adolescencia, sexo e cultura en Samoa”. As mozas apuran a aplicación dos afeites que han atraer aos machos da especie. Estes, mentres, reúnense en grupo, elevan o nivel dos berros e por un intre xuraría que se dan golpes no peito mentres argallan o sistema de caza tribal. E alí onde hai séculos vestiamos peles de animais mortos, hoxe nos cubrimos co escaparate do Pull&Bear. O ritual concluirá no espazo ao que “Callejeros” dedica esta noite a reportaxe “Chicas de discoteca”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros