Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 20 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

L.A.R Legido actuará por partida dobre no Cantón Jazz e Blues

O jazz e o blues porán a nota musical á fin de semana de Noia

Cultura 27/08/2010
  Envía a túa opinión

O programa Rúas Vivas do Concello de Noia engade unha nova proposta neste mes de agosto, o Festival Cantón Jazz e Blues. Arrinca esta noite con tres dúos de jazz. Pablo Seoane e o noiés Rafael Fernández serán os primeiros e tamén a actuación máis clásica. A formación Lupercal será a seguinte e a máis arriscada, e a noite pecharase con Alejandro Vargas, un músico cubano afincado en Galicia que actuará xunto a L.A.R. Legido. O blues será o protagonista mañá sábado. Xulián Freire Blues Banned e Bakin Blues Band serán as bandas instrumentais que protagonizarán a noite, que rematará cunha jam session.

 


Muse

Muse e Pet Shop Boys chegan imparables ao Xacobeo 10

Cultura 26/08/2010
  Envía a túa opinión

25.000 persoas asistirán mañá venres no Auditorio do Monte do Gozo ao concerto Xacobeo 2010, protagonizado polos británicos Muse -o seu disco The Resistence logrou o posto número 1 nas listas de vendas de 16 paises- e polo dúo de pop sintético Pet Shop Boys. De seguido, recollemos recomendacións para os accesos e informacións sobre os horarios das actuacións.


O Festidoiro 2010, “Cento % en galego”

Cultura 26/08/2010
  Envía a túa opinión

Os Tres Trebóns, Medomedá, Kastomä, Raiba e Leo i Arremecaghoná son os protagonistas do IV Festidoiro. O festival está organizado un ano máis pola Asociación Cultural O Fervedoiro e celebrarase ás dez e media da noite de mañá venres no Campo da Feira (Praza da Constitución) de Cuntis. Rematará cunha sesión de picadiscos. A entrada é de balde ao igual que a zona de acampada, reservada na área das piscinas municipais.

 


Yolanda Castaño é a pregoeira da Praza dos Libros

A palabra e a lectura convértense en protagonistas da Praza dos Libros de Carballo

Cultura 26/08/2010
  Envía a túa opinión

Libros, actividades lúdicas, regueifas, presentacións, actuacións, música, autores da comarca de Bergantiños e do país, pan e moitas outras propostas enchen desde hoxe e ata o domingo o Xardín Municipal de Carballo,Trátase dunha nova edición da Praza dos Libros que busca promover, un ano máis, a lectura e achegarlle á cidadanía o libro e os produtos culturais galegos como explicou en Radiofusión o coordinador do evento, Nel Vidal. Ademais, esta Praza dos Libros convivirá o xoves e o domingo coa feira tradicional de Carballo e co Feirón de Verán, polo que as obras farán oco aos produtos da zona, como patacas, queixos ou froita.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros