Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Scott Pilgrim, heróe do comic, dos videoxogos e agora do cine

Scott Pilgrim, o terremoto nas redes sociais

Sociedade 22/08/2010
  Envía a túa opinión

A pasada semana estreouse en Estados Unidos. Chegará aos cines de España en decembro. Pero xa está a provocar un terremoto nas redes sociais, sendo unha das palabras máis citadas nos comentarios do twitter ao longo de varios dias. En taquilla na primeira fin de semana logrou un discreto quinto posto na lista das recaudacións por película. Disque Scott Pilgrim é a primeira película que fala a linguaxe dos videoxogos. A partir dun comic lograron unha longametraxe que conecta cos adolescentes.


Séchu Sende naceu en Padrón en 1971

O turco Séchu Sende

Cultura 21/08/2010
  Envía a túa opinión

"Eu identifícome con todos os animais que saen no libro. Éme moi difícil escoller un porque me dá a impresión de que cada un de nós podería ser un deses animais en situacións diferentes. O lobo subindo as escaleiras, o esquío ao lado do guindastre ou na lavandeira ao lado de Reganosa en Ferrol son como diferentes fotos da nosa propia vida. Somos animais.” Son palabras de Sechu Sende, escritor de Padrón que ven de publicar “Animais” e traducir ao curdo outro libro “Made in Galiza”. Agora van verquer o volume ao turco e en novembro fará a súa presentación na Feira do Libro de Estambul.


Lagarta Lagarta presentará “O segredo dos Hoffman” en Cee

A Mostra de Teatro de Cee pon en escena 28 espectáculos galegos

Cultura 20/08/2010
  Envía a túa opinión

Custou, pero finalmente desde este domingo, 22 de agosto, e ata o sábado 28 poderemos gozar da XXIII edición da Mostra de Teatro de Cee, organizada pola Agrupación Cultural Talía Teatro na Casa da Cultura e nas rúas da vila. Como é habitual nos últimos anos, o festival segue unha estrutura fixa con catro ciclos diarios: ás doce e media do mediodía as protagonistas serán as representacións infantís; ás oito e cuarto da tarde o teatro de rúa, atendendo especialmente a disciplinas circenses; ás nove e media será a quenda dos pratos fortes; e xa ás doce da madrugada unha sesión golfa baixo o epígrafe “Á deshora” con espectáculos de narración oral e contacontos.


Xosé Lois Romero e Xesús Vaamonde

O software das tarrañolas

Cultura 19/08/2010
  Envía a túa opinión

O gaiteiro Xesús Vaamonde e o percusionista Xosé Lois Romero dirixen a colección Pel e madeira. Trátase dun proxecto que pretende recoller e difundir o repertorio básico da música popular galega. O primeiro número da colección esgotouse rapidamente e agora veñen de sacar unha reedición que inclue un libro coas partituras de 30 temas para cuarteto tradicional e tres CDs de audio.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros