Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

“Noente Paradise”, un libro-disco que nos descobre as entrañas de Ugia Pedreira

Cultura 17/08/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Ugia Pedreira vén de publicar o seu primeiro libro de poemas, Noente Paradise, editado por Através, o selo da Asociación Galega da Lingua (AGAL). A obra non só recolle poemas inéditos da artista, senón tamén a letra de moitas das súas cancións para proxectos como Nordestin@s, Marful, Descarga ao vivo, ou colaboracións con GalegoZ ou a Matraca Perversa. Ademais, o caderno agasállanos cun CD con dous temas gravados especialmente para o libro con música de Fred Martins e Óscar Fernández, así como unha colección de postais con fotografías realizadas pola propia Ugia.


A Coruña inaugura os actos de conmemoración do Día da Galiza Mártir

Sociedade 16/08/2010
  Envía a túa opinión

O Paseo Alexandre Bóveda, en Catro Camiños (A Coruña) acolle a partir das oito desta tarde un acto de homenaxe a Alexandre Bóveda con motivo da celebración mañá martes, 17 de agosto, do Día da Galiza Mártir. Neste espazo da cidade herculina atópase desde hai tres anos un monumento ao político galeguista realizado polo artista fenés Francisco Xosé Pérez Porto. Ao pé desta obra artística terán lugar as intervencións institucionais e unha ofrenda floral a cargo da concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo; o presidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Roberto Catoira; e o secretario da Real Academia Galega, institución que colabora por primeira vez nestes actos, Xosé Luís Axeitos. Tamén se prevé a presenza da filla máis nova de Bóveda, Amalia, e dun dos seus netos. A seguir haberá unha lectura poética, a actuación dun cuarteto de música tradicional e reparto de flores, dípticos e bandas deseñadas sobre Alexandre Bóveda.


Das neuronas espello á Sociedade Rede

Sociedade 15/08/2010
  Envía a túa opinión

Hai tempo que a cercanía e a proximidade deixaron de ser dominio exclusivo dos medios de comunicación locais. As afinidades e emocións compartidas ao instante a través da rede extenden un novo espazo de oralidade secundaria -a través dos medios de comunicación- que pode aproximar de xeito moito máis intenso aos participantes, a pesar da distancia xeográfica que os separa. A realidade cercana aumenta e pode alcanzar unha dimensión global.


Moita música e churrascada de balde no Asaghieiras Master Festival

Cultura 13/08/2010
  Envía a túa opinión

Rock e hip-hop son protagonistas hoxe e mañá na terceira edición do Asaghieiras Master Festival. Un evento que se celebra en Lariño, Carnota, organizado pola Asociación Asaghieiras. A partir das dez desta noite subirán ao escenario os dinamarqueses Monkey face, para continuar con Kastomä. Beatus Ille porá o toque rapeiro en castelán e os Trasnos de Moscoso farano en galego. Finalizará Som do Galpom, e despois sesión picadiscos co Dj Cecé. Durante os concertos tamén haberá unha tirolina colocada na Torre do Faro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros