Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A muller da esquerda viste o salario anual dun mileurista

“Comando Actualidad: Milla de Oro” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 01/12/2010
  Envía a túa opinión

O xesto é inevitable. Non se pode pasar diante do escaparate de Loewe sen someterse ao exercicio de masoquismo: os salarios soben, baixan ou desaparecen, pero ese bolso de pel é pura enerxía que permanece, só que sen transformación: segue a custar tres veces o salario mínimo interprofesional. O semáforo parlante que está á porta da tenda do almacén de luxo no centro da Coruña, anima a que apures o paso e deixes de someterte á humillación das leis do mercado: “Praza de Mina, poden cruzar”. E marchas antes de que te miren mal os pintureiros dependentes que asexan trala porta. Velaí o sinal dun negocio próspero: ter xente recibindo na entrada. Na tenda de Carolina Herrera, non moi lonxe de alí, son unha mulleres de traxe con pantalón e rigoroso negro as que, con exquisita reverencia, acompañan a entrada da clientela. A súa soa presencia supón unha manifestación do dereito de admisión bastante máis explícita que a presenza dun armario vernizado en ximnasio, coas costuras do abrigo a piques de rachar polo tamaño dos deltoides, ás portas da discoteca. Así che son as millas de ouro, guetos de marxinalidade nos que se esbirra dicindo “Amichi” e os osos de peluxe pasaron de ser un asunto de bebés ao decorar, en prata, os lóbulos colgantes de señoras abrigadas con pelexo animal. E con todo, as nosas millas de ouro seguen sendo unha pobre réplica de provincias. 


- “Non te soporto”; - “Ti cheiras a can”

“El Hormiguero: Nena Daconte” (Cuatro, 21:30 h.)

Cultura 30/11/2010
  Envía a túa opinión

Yoko Ono, artista, ensinou como había que facer as cousas: dun xeito definitivo, sen segundas oportunidades. Só así se mantén a esencia do mito. Cando, como dirá o clan dos McCartney, a xaponesa intoxicou a convivencia dos fabulosos catro de Liverpool, xa non había volta atrás. Para os Beatles, o seu era separarse e ingresar definitivamente na historia. As antoloxías do rock están cheas de grupos que non puxeron o pé a terra, o que lles acabou pasando factura dun xeito ou doutro. Led Zeppelin perdeu ao baterista John Bonham afogado no seu propio vómito, decidiu pechar o negocio e hogano o seu prestixio continúa intacto, porén cada disco ou experimento de Queen sen Freddy Mercury fai baixar a súa cotización na mitomanía popular. ACDC fixeron carreira superando o pasamento de Bon Scott, así como Manic Street Preachers coa desaparición de Richey James, porén hai unha comunidade de sabios disposto a estragar a festa coa sempiterna amoestación: “eran mellores ao principio”. Mai Meneses, miudiña ela, esquécese de todo e lánzase contra unha das tradicións máis crueis da música popular disposta a superar a síndrome Pimpinela. Que non lle pase nada. 


Os amigos, preto, e os inimigos, máis aínda

“Barcelona – Real Madrid” (Canal+ Liga / Gol TV; 21 h.)

Deportes 29/11/2010
  Envía a túa opinión

Comprendemos agora, co paso do tempo, que o que pretendía Álvarez Cascos era protexer a nosa saúde. Cando se ditaminou a existencia dunha serie de eventos de “interese xeral” que debían ser cubertos polas televisións de xeito gratuíto para o espectador, pensabamos que todo obedecía a certos intereses dentro guerra das empresas de comunicación para facerse co negocio das retransmisións de fútbol, antano unha panacea, hogano unha decepción agás cando se trata de ver ao oligopolio de culés e merengues. Os investidores que fomentan o bipartidismo esquecéronse de que hai oito ou nove partidos máis ás semana, nos que xogan o Xetafe, Mallorca ou Levante que xa non importan a ninguén, excepto a cadansúa irredenta parroquia local. Pero dicía que o ministro ladrador e mordedor quíxonos protexer do infame pago por visión, sobre todo para prolongar a nosa vida. O seu triunfo foi pírrico e hoxe para ver fútbol, ou nos abonamos, ou se quedamos en barbeito, temos que ir sementarnos ao bar da esquina, onde aumentan as nosas posibilidades de consumir alcol e tragar fume de tabaco. Por iso as novas leis de saúde pública non deberan ser combatidas polos hostaleiros: eles xa teñen aos afeccioados ao fútbol nos seus bares; agora do que se trata é de non morrer asfixiado nunha nube de nicotina se abres a gorxa para cantar un gol.


Samanta, Paris e a dolce vita

“3 Sesenta” (Cuatro, 23:15 h.)

Sociedade 26/11/2010
  Envía a túa opinión

Os servizos sanitarios privados subsisten, sobre todo, grazas aos ricos e famosos. Un día, o fillo de Ana Obregón ou  algunha infanta organizará unha gran xuntanza de nenos nacidos na clínica Ruber e as medidas de seguridade precisas para controlar o evento da jet-set terán que superar as dunha cimeira da ONU. Son eles, as grandes fortunas, as que poden entregarse sen demasiada preocupación á experimentación psiconáutica coas drogas e o alcol, pois antes da dose letal, haberá algún modisto amigo ou fan irredento que os arrastre, deixando un regueiro de vómito, até a porta dunha exclusiva e agochada clínica de desintoxicación. Do único do que as celebrities non se podían curar era das malas linguas, pero ata iso está a cambiar, unha vez que aprenderon que a mellor maneira de acougar os ánimos velenosos dos que devecen por falar de ti é entregarse a eles para someterse a un lifting confesional. Dun tempo a esta parte agroman os programas que funcionan como clínicas para rehabilitar a imaxe e facer ver que tras ese verniz de millóns de euros e preocupacións que non son deste mundo habita un corazón que bate demandando a aceptación popular.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros