Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Moitos rapaces comezan xa nos colexios a practicar bádminton

Trala final da Copa Kids Mondariz os organizadores pensan xa nunha nova liga

Deportes 10/06/2009
  Envía a túa opinión

Mondariz acolleu esta mañá a fase final da Liga Escolar de Bádminton – Copa Kids Mondariz, organizada pola Federación Galega xunto con Augas de Mondariz. O pavillón municipal da vila foi a sede desta final na que participaron un total de oito colexios, uns 400 rapaces, vencedores nas diferentes fases locais disputadas. O CEIP Pérez Viondi da Estrada foi o vencedor.

 

 


Preparación das categorías infantís no Espeleo Club

Os espeleólogos galegos sitúanse no máis alto do ranking estatal

Deportes 09/06/2009
  Envía a túa opinión

O vigués Espeleo Club Aradelas organizou esta fin de semana o V Campionato de progresión vertical no pavillón polideportivo de Sárdoma. Case unha vintena de competidores tomaron parte nesta competición chegados desde diversos puntos da xeografía estatal como Cataluña, Ibiza, Andalucía, Valladolid ou Bilbao; ademais de, por suposto, os anfitrións. Nas diferentes probas de velocidade, resistencia e circuíto houbo oco para os galegos no máis alto do podio, sobre todo, para xuvenil feminina Iria Prol e para veterana María Luísa Barros. Tamén é de destacar a outro veterano, Manuel Prol. A competición encádrase dentro do calendario da Federación Española, polo que foi unha proba puntuable para o ranking do Campionato estatal.


Lolo Penas en plena competición

Lolo Penas métese entre os cinco mellores do continente en 10.000 metros

Deportes 08/06/2009
  Envía a túa opinión

Lolo Penas debutou esta fin de semana na Copa de Europa de 10.000 metros, celebrada na localidade portuguesa de Ribeira Brava, na illa de Madeira. A súa actuación foi moi positiva tanto a nivel individual, xa que cruzou a liña de meta en quinta posición cun rexistro de 28.25.10; como a nivel colectivo, axudando á Selección Española a conseguir a medalla de bronce por equipos. O corredor pensa xa no Campionato de España que terá lugar en Avilés o vindeiro mes de xullo, puntuable para o Mundial de Berlín.


Leticia Fernández

Leticia Fernández faise con outro ouro no Campionato de España Xuvenil de Seleccións Autonómicas

Deportes 05/06/2009
  Envía a túa opinión

Un sétimo posto para o combinado feminino e o noveno para o equipo masculino é o resultado da participación da selección galega que tomou parte no Campionato de España Escolar de Seleccións Autonómicas na categoría xuvenil, que se vén de celebrar en Avilés, e no que Cataluña dominou en ambas categorías. Cun total de tres medallas, hai que destacar o ouro en 1500 metros para Leticia Fernández, do Ourense Academia Postal, actual campioa de España da distancia tanto en pista cuberta como ó aire libre, cun rexistro de 4.45.53. Prata para Sonia Beceiro, en 100 metros valos, cun tempo de 14.94 e bronce para Ana Domínguez, que lanzou a xavelina a 39.28 metros, lonxe do seu mellor marca de 46.56 metros coa que encabeza o ránking nacional da categoría.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros