Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Na fraga do Belelle tamén abundan os castiñeiros

Os castiñeiros do lugar da Rúa en Maniños

Sociedade 20/11/2011
  Envía a túa opinión

Naquela banda do río, ten meu pai un castiñeiro; bota castañas no outono, uvas no mes de xaneiro. Somentes é un dos multiples refráns e cantigas que en Galicia falan das castañas e dos castiñeiros. Arredor de 30 castiñeiros bordean un prado situado no lugar da Rúa, na Armada en Maniños. É unha das formacións arboréas que o Concello de Fene (A Coruña)  presentou no seu dia como alegación ao Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.


O carballo americano de Magalofes coas súas follas douradas

O carballo americano do xardín Blanco Amor de Magalofes

Sociedade 13/11/2011
  Envía a túa opinión

Un carballo americano de arredor de 17 metros de altura preside o xardín Blanco Amor en Magalofes (Fene A Coruña). É unha árbore cunha madeira utilizada en ebanistería. Tamén se usaba como arquitrabe para as galerías das minas.


Arbores do antigo Pazo de Barallobre

A herdanza dun pasado señorial

Sociedade 06/11/2011
  Envía a túa opinión

Un criterio á hora de cualificar unha árbore como senlleira é a historia que a rodea. Este é o caso da laranxeira aceda (Citrus aurantium), sita ao pé da pista de atletismo do IES de Fene, que formou parte no seu día da ampla vexetación pertencente ao Pazo de Barallobre.  Esta árbore froiteira, xunto cun par de camelias e un exemplar de magnolia, reflicte a pegada vexetal que aínda perdura da época de esplendor da casa señorial.


Érvedo monumental en Sillobre (Fene A Coruña)

O érvedo, alvedro ou arbutus unedo

Sociedade 29/10/2011
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

No outono é cando podemos contemplar os érbedos no seu máximo esplendor. Esta árbore senlleira, autóctona da península Ibérica e da Galiza, recibe distintos nomes segundo o lugar: esbedro, morongueiro e mesmo alvedro. En castelán chámanlle madroño. No Concello de Fene (A Coruña) a presenza do “arbutus unedo”, nome científico desta especie, é moi abundante.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros