Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

O viño é a segunda bebida máis consumida no sector da hostalería

Sociedade 01/06/2009
  Envía a túa opinión

Mellorar a comercialización do viño no sector da restauración. Con este obxectivo o Observatorio Español del Mercado del Vino e o Ministerio de Medio Rural puxeron en marcha un congreso que centrou a atención do programa Onda Rural. No marco desa cita déronse a coñecer cifras como que un terzo do consumo de caldos se realiza fóra da casa, que o viño é a segunda bebida máis demandada en bares e restaurantes ou que o sector da hostalaría factura no Estado máis de 5.600 millóns de euros anuais con este produto.


Un dos proxectos consiste nunha androia precociñada

Investigadores galegos traballan no deseño de pratos precociñados a partir de produtos de calidade

Sociedade 29/05/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Os consumidores actuais demandan calidade alimentaria, pero tamén comida de preparación rápida que lles axude a sobreelevar a falta de tempo e o acelerado ritmo de vida ao que adoitan estar sometidos. Baixo esta premisa traballan no Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria de Galicia, onde se está a investigar o deseño de pratos precociñados baseados nos produtos da nosa terra. Este asunto centrou o programa Onda Rural.


A medida pretende dotar de liquidez ás explotacións lácteas

Os gandeiros poderán solicitar o adianto das axudas europeas na primeira quincena de xuño

Sociedade 28/05/2009
  Envía a túa opinión

Os gandeiros poderán solicitar na primeira quincena de xuño o adianto do pagamento único das axudas Política Agraria Común (PAC). Anunciouno así o conselleiro do Medio Rural na xuntanza da Mesa do Leite, unha cita que, a través das voces dos distintos protagonistas, protagonizou o programa Onda Rural.


As abellas son as responsables do 80% da polinización

O censo de colmeas descendeu nun 25% nos últimos catro anos

Sociedade 27/05/2009
  Envía a túa opinión

Algúns estudios sinalan que no 2030 a presencia de abellas en Galicia resultará só testemuñal. Resulta difícil precisar se esas pesimistas previsións se cumprirán, pero os últimos informes apuntan a que o censo destes animais descendeu nun 25% nos últimos 4 anos. A mingua afectou especialmente nas comarcas de Ferrolterra e O Salnés, onde a caída chegou ao 80%. O programa Onda Rural centrouse en pormenorizar e analizar esas cifras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros