Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Esther Val, Diana Castro e Andrés C.M. Riveira no Club de lectura de Radiofusión

A lembranza das nosas avoas

Sociedade 12/04/2017
  Envía a túa opinión

“A avoa ten ese aura de unificadora, de núcleo central da casa, é o nexo en común cos nosos pais”. “A avoa é o piar da familia, a que sempre está tirando para que haxa reunións e celebracións”. “Eu teño unha avoa procedente do rural e iso significaba o nexo co mundo da aldea”. Son opinións de Esther Val, Andrés C.M Riveira e Diana Castro no club de lectura de Radiofusión a partir do libro de Marta Da costa, Na casa da avoa.


Anxeles Durán, Ana Santiago e Loli Lago, do club de lectura do IES de Fene

Unha carga de humor moi importante

Cultura 06/04/2017
  Envía a túa opinión

"Hai persoaxes cunha carga de humor moi importante". "Está moi ben conseguida a recuperación da memoria do garda civil a piques de xubilarse, o tirador de élite, a asistente social que flirtea co policia". "Paréceme unha estrutura narrativa fantástica coa viaxe ao pasado e co encaixe das diferentes historias que se relatan. Encantoume a retranca galega do vello". Son opinións de Ana Santiago, Anxeles Durán e Loli Lago, do club de lectura do IES de Fene arredor do libro de Xabier Quiroga Zapatillas rotas.


Maríai Solar escrebeu Os nenos da variola

Os nenos da inclusa que se convertiron en heroes

Sociedade 28/02/2017
  Envía a túa opinión

A inclusa, o hospicio de Santiago, era referente en Galicia. Era moi habitual abandonar aos nenos e nenas no torno. Pero aos pais e nais doialles moito deixar os pequenos e un de cada tres, levaba marcas para que logo se puidesen reclamar. Os pequenos pasaban fame, miserias e enfermidades nos hospicios, segundo indica a escritora Maria Solar, autora do libro Os nenos da variola, que reproduce a vida nas inclusas a comezos do século XIX. Sete de cada dez falecía antes de cumprir os dez anos.


Esther Val, Diana Castro e Andrés C.M.Riveira

A persoalidade e o carácter dos animais

Sociedade 09/02/2017
  Envía a túa opinión

“Encantoume o libro, foi unha sorpresa pola utilización de duas voces”. “Algunhas veces fala a autora e outras son os propios animais os que reivindican a súa condición”. “Os animais son así, co seu carácter e coa súa persoalidade”. Son algunhas das opinións de Esther Val, Andrés C.M. Riveira e Diana Castro, que  comentaron o libro Nunca mascotas, de Paula Carballeira no club de lectura de Radio Fene.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros