Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Elvira Fente, autora de “Parir a liberdade”: “O feminismo galego estivo sempre moi ligado á lingua”

Sociedade 11/10/2010
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

Baixo o título de Parir a liberdade, Elvira Fente saca á rúa un ensaio no que trata a historia do feminismo galego desde os primeiros anos da democracia ata a actualidade. A autora explicou en Radiofusiòn que, ao igual que no resto do Estado, a loita pola igualdade da muller partiu no país cun importante atraso histórico por mor das décadas de ditadura. A gran diferenza con outras comunidades, asegura Fente, é que o feminismo galego sempre estivo, e continúa, ligado á lingua.


En Galicia só o 5% das mulleres abortan na sanidade pública

Francisca García (ACAI) : “A Lei do Aborto non se está a cumprir”

Sociedade 11/10/2010
  Envía a túa opinión

En cada comunidade aplícase unha lei do aborto distinta. Este é o balanzo que, a Asociación de Clínicas Acreditadas para a Interrupción do Embarazo (ACAI), fai dos tres primeiros meses de vixencia da nova norma. A entidade vén de presentar un estudo sobre a aplicación da lei, desde a súa entrada en vigor, no que se reflicte que os principios básicos de gratuidade, seguridade e accesibilidade equitativa recollidos na norma, non se cumpren. Segundo a súa presidenta, Francisca García, en Galicia, os datos seguen sendo negativos. O 95% das mulleres que deciden abortar pagan do seu peto o custe do mesmo fronte a un 5% que recurre á sanidade pública.


Implicadas quere continuar a loita contra o infanticidio feminino en Salem

200 novos socios e socias contra o infanticidio feminino en Salem

Sociedade 06/10/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A ONG Implicadas no Desenvolvemento presentou en Santiago a súa campaña 1 de 200, a continuación da súa loita contra o fenómeno do infanticidio feminino en Salem, no sur da India, traballo que dende 2007 contribuíu a que máis de 900 nenas non perdesen a vida, ademais de mellorar as condicións de vida de máis de 10.000 mulleres. A organización precisa agora 200 novos socios e socias para poder continuar con este traballo.


Javier Rodríguez e Marta González durante a sinatura do acordo

Maior aplicación da igualdade nos proxectos realizados con fondos europeos

Sociedade 04/10/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta ven de asinar un convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Planificación da Consellería de Facenda e a Secretaria Xeral de Igualdade da Presidencia da Xunta co obxectivo de intensificar a presenza e a aplicación dos principios de igualdade e non discriminación nas actuacións cofinanciadas con fondos europeos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros