Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Cartaz do salón

Samuel Juárez: “Os selos de calidade garanten o tecido agroindustrial e o desenvolvemento rural galego”

Sociedade 11/04/2011
  Envía a túa opinión

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, prestou o seu apoio ás empresas galegas e consellos reguladores presentes na XXV edición do Salón Internacional do Club Gourmets de Madrid. Aproveitando a súa participación na inauguración oficial deste certame, xunto coa ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar, e autoridades doutras comunidades autónomas, Juárez visitou o stand da Consellería para amosar o seu apoio ás 17 empresas coexpositoras do sector da alimentación e aos 22 consellos reguladores e interesarse polo desenvolvemento dos actos preparados po reste departamento.


Presentación do produto no IES Fraga do Eume

Olei, o aceite virxe extra autenticamente galego

Sociedade 07/04/2011
  Envía a túa opinión

A Escola de Hostalería do IES Fraga do Eume de Pontedeume albergou a presentación do aceite galego de oliva virxe extra de alta calidade dirixido ao sector “gourmet”, Olei. Baixo o título “Innovación Raíz, del olivo al plato”, a directora xeral de Invatia Research, María Estévez, explicou como o valor engadido que ofrece Olei procede da implementación de I+D+i á mesma materia prima e á recuperación da produción tradicional do olivo das comarcas de Quiroga e Valdeorras.


O Consello valora positivamente a súa participación nesta cita consolidada a nivel europeo

Os Rías Baixas adquiren sabor xermano en Prowein

Sociedade 30/03/2011
  Envía a túa opinión

O CRDO Rías Baixas valora positivamente a súa participación estes días na feira profesional de viños e bebidas espirituosos Prowein 2011, que se celebrou do 27 ao 29 de marzo no recinto ferial de Messe na cidade alemana de Dusseldorf. Nesta décimooitava edición contou coa participación de vintiseis bodegas coas súass diferentes marcas, unhas 52. O stand do Consello Regulador, de 12 metros cadrados, situouse dentro do pavillón internacional do ICEX.


Alemaña é un dos mercados internacionais estratéxicos para Santiago

Turismo de Santiago presente na ITB de Berlín

Sociedade 09/03/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Turismo de Santiago promocionará o 800 aniversario da Consagración da Catedral, a apertura da Cidade da Cultura de Galicia e o conxunto da oferta turística da cidade na ITB de Berlín, a feira sectorial máis importante de Europa, que se celebrará na capital xermana do 9 ao 13 de marzo. Na edición do 2010 esta feira recibiu 180.000 visitantes e tivo máis de 11.000 expositores de todo o mundo. Turismo de Santiago estará presente no stand de Turespaña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros