Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Cartaz da exposición

Con Lapis e papel arranca o curso na Escola de Arquitectura

Sociedade 06/09/2013
  Envía a túa opinión

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC amosará a partir do luns, coincidindo co inicio das clases, a exposición “Cidade, debuxo e café con xeo” ata o 15 de outubro. Na mostra recóllense os traballos realizados no obradoiro de verán do mesmo nome organizado no mes de xuño polos colectivos, lasonceymedia e veredes, en colaboración coa Escola de Arquitectura, o COAG e a Fundación Caixa de Arquitectos.


Acto de presentación da feira

A madeira e a cestería protagonistas na Feira do Incio

Sociedade 27/08/2013
  Envía a túa opinión

O Deputado de Cooperación e Asistencia cos Concellos, Álvaro Santos, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, presentaron, nos Xardíns do Pazo de San Marcos, a V Edición da Feira de Artesanía e Etnografía do Incio, que este ano versará sobre os traballos relacionados coa madeira e coa cestaría. A Deputación aporta 3.000 euros para financiar o evento e tamén ofrece a dous traballadores artesanais do Centro de Artesanía e Deseño, do organismo provincial, para que fagan unha demostración en vivo do seu traballo.


Fátima Báñez, Soraya Sáenz e Luis de Guindos hoxe tras o Consello de Ministros

PP e PSOE continuan perdendo apoios, segundo a enquisa do CIS

Sociedade 02/08/2013
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Tanto o PP como o PSOE continuan perdendo apoios, segundo a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de xullo. Se hoxe se celebraran eleccións, o PP obtería o 32,5% dos votos por un 27,2% do PSOE. En relación cos resultados das eleccións xerais de novembro de 2011, os populares perderían 12,1 puntos e os socialistas 1,5. Continuan subindo Esquerda Unida e UPyD.


Bar A Gaiteira. A Coruña

Parabéns ao bar A gaiteira, polos 50 anos

Sociedade 02/05/2013
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O Bar Gaiteira celebra o seu 50 aniversario cunha foliada. Para celebralo, o decano dos gaiteiros, Pepe Temprano, será o mestre de cerimonias mañá venres, 3 de maio, a partir das 20 horas. Na primavera de 1963 abría no número 43 da emblemática rúa da Gaiteira un local de hostalería que nestes días cumpre 50 anos. Medio século de vida no que o bar foi testemuña directa da evolución deste barrio coruñés, de varias xeracións de habitantes, da peonización..., pero que segue a ser un referente nas relacións sociais de cada día.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros