Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Stop tróspidos!

“¿Quién quiere casarse con mi hijo?” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 20/06/2012
  Envía a túa opinión

Temamos a “trospidez” e debatamos, pero con seriedade, se esta clase de fenómenos son para beneficio ou non do noso futuro como telespectadores. Porque así como antano críamos que camiñabamos un paso por diante dos que manexan a televisión, puidera ser que, sen nos decatar, levemos xa un tempo correndo fascinados detrás da cenoria. Vexamos, por exemplo, o que está a acontecer co sagaz reporteirismo a pé de verde de Sara Carbonero, convertida en obxecto de mofa e befa. A bo sitio fomos parar. Nin máis nin menos que a Telecinco. Os que aspiran a contar con retransmisións de fútbol con algo máis de interese que o monótono bater do bombo de Manolo considérense condenados, pois nada lle presta máis á canle amiga que unha boa polémica que alimente á audiencia. Así que xa lle poden dar permiso a Casillas para adestrar antes do partido detendo disparos das Adidas con tacón de agulla da súa moza, porque de alí non a van mover. E do mesmo xeito, a exaltación do “tróspido” non está acaso a condenar esa forma persoal, irreverente e deturpada que tiñamos de gozar coa televisión? 


Cidadáns do mundo

“Perdidos en la tribu” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 19/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Ímolo dicir dunha vez por todas: a sabedoría popular está chea de parvadas. É probable que endexamais unha boca humana teña proferido unha estupidez máis pomposa que ese tan socorrido “eu aprendín na escola da vida”, a medio camiño entre a escusa e o alarde de ignorancia. O ronsel de lugares comúns e vergoñentos do egotripping é amplo: temos o maleducado “é que a min gústame dicir ás cousas á cara”; o melodramático “non son eu, é a vida que me fixo así”; ou o petulante “eu son cidadán do mundo”. E isto último, sobre o resto de cousas, é o máis inverosímil de todo. 


Summertime

“Entrevista a la carta: Ana García Obregón” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 18/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Habitamos un mundo estraño. Non sempre é sinxelo explicar por que suceden as cousas, ou mellor dito, por que permitimos que acontezan. Nos Estados Unidos de América teñen á Marmota Phil para  predicir o remate do inverno. A réplica en España dálla Ana García Obregón marcando o inicio do verán. Esta é unha desas cousas que non hai por onde collelas, que exceden a toda comprensión. Cabe pensar que todo comezaría como unha coña mariñeira, mais agora claramente fóisenos das mans. 


Canto son 400 dracmas?

“#laSextaColumna: Pago o motín en Grecia” (La Sexta, 21:30 h.)

Sociedade 15/06/2012
  Envía a túa opinión

Quen llo había dicir a El Gran Wyoming. Seica o futuro de Europa depende do chiste recorrente que introducía en calquera momento e circunstancia das súas aparicións televisivas, sen outra xustificación que a do humor absurdo. “Canto son 400 dracmas?”, inquiría de súpeto, e todos ríamos nerviosos, sen saber moi ben porqué. Mais ou menos como agora, só que xa rimos por non chorar. Din os oráculos das finanzas que se Grecia recupera a súa vella moeda, o castelo de naipes que chamamos Unión Europea demostrará o seu precario equilibrio. Virán daquela, para situacións económicas febles como a española, tempos de precariedade e miseria, por máis que o paisano, o único que recorde é que antes de funcionar o euro o xornal do día custáballe 125 pesetas e hoxe, ao cambio en euros, pasa das 200, e así con moitos máis exemplos. Recordamos tamén como se ría Albert Boadella na televisión dos 90 anunciando que “Ya semos europeos!”, e se cadra aí está tamén o problema: que aínda “semos”, porque comparándonos cos alemáns parece que nunca chegamos enteiramente ao “somos”. E os que esperaban por Mr. Marshall, hoxe esperan por Mrs. Merkel como quen o fai por Godot. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros