Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Opio do pobo

“Informativos Telecinco” (Telecinco, 15 e 21 horas)

Sociedade 25/11/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Será preciso abrir máis o plano? Será ela quen teña que separarse máis da mesa do estudio para facerse sitio? Onde vai prender o micrófono agora? Cando faga conexións a pe de campo nos partidos de fútbol terán que ser dende fóra do Estadio por unha cuestión de tamaño? Caben ou non nas luvas de Casillas? Haberá efecto óptico e coa comparación entón os seus beizos resultarán máis pequenos? Que é o que pasa, meu deus, cos peitos de Sara Carbonero? Eu coñezo xente que tivo que poñer unha prótese de cadeira, que é unha cousa moito máis grave que un cuarto de quilo de silicona, e non se xerou tanto balbordo. Porén, as portadas da prensa dixital de onte só permitían ler novas sobre os supostos subornos no Sergas, o rescate económico de Irlanda, a crise dos mísiles de Corea, e a crise dos mísiles da xornalista de Telecinco. País!


Fight the power!

“Enemigo Público” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 24/11/2010
  Envía a túa opinión

A camisa por dentro, o barbeado recente, o pelo -pouco- ben peiteado e a postura corporal ben firme. Non se pode andar por aí como un calquera porque en todo momento estamos a posar para a posteridade. O Gran Irmán de Orwell xa está aquí, tan interiorizado como o espectáculo persoal de Mercedes Milá e a súa liberación como institutriz de mozos ávidos de fama. Non se nos saca ollo de enriba: se recompilase todas as gravacións feitas da miña persoa durante esta semana podería montar unha mediometraxe sobre as circunstancias do home contemporáneo que rite ti de Von Trier ou Haneke. Tan só tería que recompilar a filmación da miña visita ao banco, de cando escollía os iogures no supermercado, outra rascando a cabeza na sala de espera do sanatorio ou, para as secuencias de acción, as miñas carreiras escaleiras abaixo pola estación de autobuses para non perder o coche de liña. Todo isto no cutrísimo cinemascope en branco e negro das cámaras de videovixilancia que, instaladas por doquier, converteron o feito de sacarse un moco ás agochadas en público nun acto de heroicidade contra o sistema. 


A conselleira Mato comprobou a integración da etnia xitana en Quiroga

A Plataforma dos Servizos Sociais denuncia un recorte “indecente” no gasto da Xunta en inclusión

Sociedade 23/11/2010
  Envía a túa opinión

Dáse menos cando máis se necesita. É a denuncia que as 94 entidades, entre elas varios concellos, representadas na Plataforma en Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais, realizaron nesta xornada contra os Orzamentos da Xunta para 2011. O recorte que afecta ás políticas sociais maniféstase na “conxelación” dos fondos para a Risga, o salario de inclusión social para as persoas que esgotaron as súas prestacións; na diminución á metade das partidas para o Plan de Acción Xitano; na parálise dos plans individuais de atención a persoas dependentes; ou na  caída das achegas para os programas de acollemento familiar. 


Atención: Non amolar

“ZZZ” (La 2, 00:10 h.)

Sociedade 23/11/2010
  Envía a túa opinión

Facerse adulto é ir avanzando na conquista de espazos e privilexios que logo se revelan como cargas e parvadas. Por exemplo, ir tarde para cama cando es pequeno semella a maior fonte de felicidade do mundo xa que dende ben pequenos os seres humanos asumimos a convicción tráxica de que todas as cousas interesantes acontecen cando non estamos presentes. Se aos nove anos, cando a túa máxima preocupación son os deberes de ciencias naturais ou como debes facer para liquidar a Bowser na última fase do “Super Mario”, che preguntasen que desexas máis nesta, posiblemente deixarías na túa clasificación a paz mundial moitos postos por debaixo do permiso para ver a televisión até máis tarde. Antano, de pequeno sabías que as cousas do mundo que non che foran aínda reveladas acontecían a partir das dez e media da noite diante da pantalla, pois non existía outra explicación para que os teus pais quixeran desfacerse de ti axiña e logo magnetizarse perante a emisión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros