Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Civismo antiterrorista

“Ciudadano X” (Antena 3, 21:45 h.)

Sociedade 22/11/2010
  Envía a túa opinión

Eu estou moi a favor da materia de Educación para a cidadanía. Asustado ante a deriva fanática das confesións relixiosas, penso que o único credo verdadeiro para o ser humano é o civismo, a bondade e respecto polo benestar alleo que permite aturar na medida precisa aos veciños nunha parcela de planeta cada vez máis ateigada e que evita que nos andemos citando a duelo mortal para vingar insultos. O civismo está en boca de todos os que protestan contra o botellón, pero entre eses hai moitos que che botan o fume do cigarro na cara ou que falan a berros polo teléfono como se os seus fedores e humores foran da túa incumbencia. Non é, xa que logo, cousa da idade, senón de non comportarse como Mad Max, un ser solitario nun mundo apocalíptico disposto a arrasalo todo ao seu paso. O civismo estimula un candor pánfilo. A pasada semana case entro nunha cabina telefónica e saio voando con capa de superheroe. Aconteceume tralo subidón de endorfinas provocado polo agradecemento dunha muller con problemas de mobilidade á que lle recollín unha muleta caída ao chan. Xa se desarticulo un comando terrorista, entón vou encargado o traxe de lycra co “S” no peito. 


“¿Me lo dices o me lo cuentas?”

“La entrevista: Javier Bardem” (La 2, 22.15 h.)

Sociedade 19/11/2010
  Envía a túa opinión

Televisión Española quixera ser como a BBC. Así o explicaba unha reportaxe publicada días atrás na prensa e na que se referían todas as eivas do ente, tan marcado polo paso de personaxes como Urdaci que, mentres o seu homólogo británico é exemplo de equidistancia e independencia informativa, aquí a compañía se asocia de maneira indeleble ao Goberno do momento, ao que se somete e venera. Ao ritmo que imos, o xornalismo non aliñado será unha quimera: non é tanto un problema de zoupar aos que non son “os nosos”, senón de andar ocultando o que non nos gusta dos que consideramos propios e  comprender, finalmente, que “os nosos” son os que escoitan e len e aos que non hai que presuporlles docilidade e falta de miolos. A militancia política resta prestixio, como tamén concibir que o entretemento do público pasa por abrir a billa dos millóns para facer “¿Qué apostamos?”, retransmitir os partidos do Real Madrid ou poñer á neta de Franco a bailar o charlestón en “¡Mira quien baila!”... aínda que sobre isto último poderiamos discutir. Dende o Pirulí de Torrespaña tentan de cando en vez a tomar o té das cinco e manexarse coa sensatez dos gentlemen e as miladies. Esas probas de servizo público á británica fanse en La 2, para desgraza dos seus propósitos, a menos vista entre todas as canles televisivas. Porén, nela óbranse pequenos milagres: Javier Bardem concedeulles unha entrevista exclusiva. 


Co efe. Ilustra a información: fotografía

“Pasapalabra” (Telecinco, 20 h.)

Sociedade 18/11/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Comeza co ce. Espazo de televisión no que os participantes deben superar retos para optar a gañar un premio: concurso. Co efe. 450.000 euros: fortuna. Empeza por b. Tanto designa un recipiente para gardar cousas como unha morea de aforros: bote. Principia polo uve. Conxunto de palabras cuxo coñecemento se require pasa acertar as preguntas dun clásico do serán catódico: vocabulario. Inclúe o xe. Que a súa concepción ou trécola non presenta dificultades: sinxelo. Dúas palabras unidas polo i grego. Outro concurso de televisión cuxos concursantes deben de tirarse dos pelos ao ver que os seus premios son moito menores malia que a eles se lles requiren uns coñecementos enciclopédicos que ben  merecían un doutorado honoris causa antes que uns poucos miles de euros: Saber y Ganar. O nome de pila comeza por iota. Presentador dese mesmo espazo e o único cyborg coñecido de aparencia perfectamente humana e que permanece inalterable ao paso do tempo: Jordi Hurtado. O apelido iníciase co gue. Mozo presentador co pelo de punta á maneira de Son Goku e que en cuxa vida íntima pode experimentar, en troques de co salto do tigre, co espagat, as acrobacias con mazas e os tripes mortais: Christian Gálvez. Polo pe. Estou disposto a seguir co xogo este ata o infinito? Pasapalabra.


“Para sobrevivir pulse o 1”

“Última llamada” (Cuatro, 22:30 h.)

Cultura 17/11/2010
  Envía a túa opinión

Aí as están, chantadas na rúa como vestixios dun tempo pretérito condenado á extinción, monumentos ao pasado como os cruceiros no centro das aldeas ou como os tótems entre os tipis dos asentamentos de Touro Sentado. Pasas ao lado e resultan invisibles porque, aínda que funcionan correctamente, usalas é tan arcaico como viaxar en carro tirado por bois. Cando foi a última vez que chamei dende unha cabina telefónica? Non o lembro, o que equivale a dicir que non o farei máis. Pronto antes que tarde, ademais de ser un recurso desesperado para localizar unhas moedas sobrantes, acabarán converténdose en monumentos urbanos nos que pararemos a facer fotos como xa facemos cando imos de turistas a Londres nas cabinas vermellas. Os nenos preguntarán aos pais para que servían eses teléfonos xigantes e eles explicaranlles que se empregaban para chamar dende a rúa nun tempo no que non había teléfonos móbiles pero si había pudor. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros